AULA VIRTUAL

xoves, 20 de xaneiro de 2022

SORPRESA!!!

Non sabemos que pasa pero sempre ao voltar das vacacións de Nadal, na nosa clase pasan cousas moi  raras. Esta semana chegamos e o corredor estaba cheo de pegadas.

Na pizarra había un debuxo que sabemos que a nosa profe non fixo...Non queirades saber por que o sabemos...

A clase estaba chea de redes por todas partes...



Había tamén unhas botas de auga vermellas...


Probámolas e todo...

E quixemos comprobar se coincidían coas pegadas...



Collemos  pisadas para ver se había algunha mensaxe oculta...


E atopamos un papel no medio das redes...






O recuncho comezou así...

E dende a casa comezamos a querer enchelo. Hoxe chegaron os tubos nos que van enroscadas as redes e algún papá con ganas, fíxonos cunha garrafa un exemplo de tubo para meter as redes do mexilón.
Esperamos as vosas aportacións!!!

3 comentarios:

  1. Hola son Elisa,
    Onte vin o blog da profe Belen e lle pasou o mesmo!
    Redes polo chan, pisadas, botas de auga pero de cor negra, pero iso si, nin rastro dun barco na pizarra.
    E moi raro que sempre pase o mesmo nesa clase que na nosa.
    Boto moito de menos as charlas da profe en naturais, a aula de informatica e sobre todo a os compis e a profe Maria.
    Espero volver pronto, un bico dende o meu confinamento.

    ResponderEliminar
  2. Nós tamén vos botamos moito en falta. Todo isto pasa rápido e pronto voltaredes ao cole. Esperámosvos!!!
    Bicos e apertas

    ResponderEliminar
  3. E moi guai que pasen cousas tan intrigantes nesa clase. Que sote!!! Xa me gostaría a min ter unha clase así.
    Pronto a volveredes a disfrutala.
    E xa ves Elisa que non queremos que sexas ti a única que a bota de menos.
    Agora tod@s desexando voltar.
    Moitas apertas e a coidarse. 🤗🤗🤗

    ResponderEliminar

Por favor deixa sempre o teu nome para que saibamos quen nos escribe. Moitas grazas!!