O luns chegamos á clase e tiñamos unha foto do monstruíño verde en cada unha das nosas mesas.
Ademáis na pantalla dixital tiñamos unha mensaxe. Queredes vela?
Escribimos as cousas que nós cremos que facemos mal os humanos.
Ao día seguinte apareceu un gran mural de Marcial e démoslle mil voltas buscando pistas secretas.
Alguén comentou que podería haber algunha mensaxe escondida e que soamente poderíamos vela cunha luz especial.
A profe trouxo unha lanterna de luz ultravioleta e... sorpresa!!!
Apuntamos as palabras que estaban camufladas (Castelao, cromos, mar, librería, Marcial, Rúa Nova)
Chamamos á profe Fátima para comprobar se era sospeitosa e nos axudara a pensar que podería significar todo aquilo.

Seguiremos atentos e atentas...
Este Marcial fixonos pasar a semana dandolle á cachola.
ResponderEliminarE ainda que semella enfadado,
Parece que Marcial Mola.
Estamos intrigad@s e entregad@s.
Que pasada!Estamos flipando con este proyecto!
ResponderEliminarCada mañá espertamos coa ilusión de que novas nos traerá hoxe Marcial!
Parabèns!