Xa está moi preto a chegada da Revista Carcamán deste curso.
Como cada ano chega tamén o concurso de portadas da revista. O polbo Marcelino aconsellounos participar cunhas cantas pistas.
Lembrade que ten que ser en vertical, levar o nome da revista e o nome do colexio. O debuxo soe tratar do autor/a das Letras Galegas que este ano é Xela Arias pero pode ser de calquera outra cousa como por exemplo do proxecto deste ano que como sabedes chámase "Planeta Arousa".
A data límite para subir a tarefa á aula virtual é o mércores 28 de abril. Non esquezades traer o traballo tamén á clase.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor deixa sempre o teu nome para que saibamos quen nos escribe. Moitas grazas!!