Hoxe visitounos Alba Alonso. Gustounos moitísimo como falaba e o ben que explicou algo que nós xa sabemos pero que recoñecemos que está ben lembrar de cando en vez.
A igualdade de dereitos tanto se somos nenos ou nenas e a igualdade de oportunidades para poder elexir o que mellor nos pareza a cada un/unha de nós.
Non queremos estar metidas na caixa rosa por ser nenas, nin na azul por ser nenos. Queremos xogar ao que nos guste e disfrazarnos do que nos apeteza, sen ofender a ninguén e sen que ninguén se ría de nós.
Alba pediu nenos valentes como voluntarios. Algúns da nosa clase non dubidaron en disfrazarse de princesas para demostrar que non pasa nada e que o importante é desfrutar e pasalo ben.
Nas nosas mans está cambiar as cousas...
Grazas Alba por vir visitarnos!!
👏👏👏 Moi ben recordar esas cousas que xa sabemos. Boa iniciativa pero sen que se entere Silvia, "non houbo tanta igualdade, solo se disfrazaron os rapaces."🤣
ResponderEliminarSe queremos uns fillos mais xustos os pais e mestres temos que ser un exemplo.
Mola a clase de este ano, a seguir así.