Hoxe recibimos carta de Barbafeita e falounos do que se festexa o día 14 de febreiro:
O día do amor!
O día das persoas que queremos e que nos queren, o día das nosas familias, dos amigos e amigas, dos profes, compañeiros e compañeiras... pero tamén o día do amor PROPIO, que descubrimos que é quererse moito a nós mesmos para poder querer mellor aos demais.
Vimos uns vídeos moi chulos para entendelo ben...
Ademais mandounos un novo cadro para que investiguemos e escribamos na nosa axenda como se chama e quen o pintou.
Ánimo Carcamáns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor deixa sempre o teu nome para que saibamos quen nos escribe. Moitas grazas!!