xoves, 5 de febreiro de 2026

MURAIS

 Esta semana comezamos a realizar murais con cada unha das personaxes exipcias que imos coñecendo.

Deixamos unha mostra para que os primeiros/as en facer o seu traballo poidan ter un exemplo a seguir.

Lembrade facelo en galego e e vertical!

Podedes facer primeiro un borrador en sucio e traelo para correxir antes de realizar o mural.


INSTRUCIÓNS

1. NON SE PODE ESCRIBIR DIRECTAMENTE NA CARTULINA.
2. ESCRIBE A INFORMACIÓN EN FOLIOS DE CORES, RECORTA E FAI A MONTAXE.
3. FAI UNHA MOI BOA LETRA E REPASA CON PILOT.
4. LEMBRA FACER O TRABALLO MOI LIMPO E CON MOI BOA PRESENTACIÓN.
5. O NOME DO PERSONAXE TEN QUE ESTAR EN LETRAS DOBLES ORIXINAIS.
6. PODES DECORAR PARA COMPLETAR O MURAL.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor deixa sempre o teu nome para que saibamos quen nos escribe. Moitas grazas!!