sábado, 23 de setembro de 2023

Os substantivos

 Xa non lembrabamos o que eran os substantivos pero grazas a esta actividade e as compañeiros/as da clase soubemos recordalo rápidamente.

Na nosa clase somos un equipo e ímolo demostrar...Cando nos xuntamos para facer algo, sae só e de xeito sinxelo...




luns, 19 de xuño de 2023

luns, 5 de xuño de 2023

DÍA DO MEDIOAMBIENTE

En 1º tivemos que traballar sobre o coidado do medioambiente e ocorréusenos mesturar os contos clásicos cos traballos de reciclaxe que aportamos dende as casas.
Aquí vos deixamos o vídeo que fixemos...

 

venres, 12 de maio de 2023

As mentiras

Levamos varios días coñecendo contos da cousa que máis doe do mundo que descubrimos que é a mentira...

Moitos dos contos clásicos que coñecemos estes meses falan da mentira, Pinocho, O home de xenxibre, Carapuchiña vermella, As 7 cabuxiñas...
Hoxe descubrimos o conto de Pedro e o lobo...

xoves, 11 de maio de 2023

A Bela e a Bestia

No conto de hoxe non nos gustou nada que a Bela fose tan cruel e egoísta. Ademáis so se fixou na beleza exterior.
Gustaríanos que foran a unha tenda de disfraces. Que a careta de Bestia lle quedase pegada, que Bela estoupase uns globos e co susto, a careta caera.

mércores, 10 de maio de 2023

Pinocho

No conto de hoxe non nos gustou que Pinocho fora mentireiro e que rompera unha promesa.
 Tampouco nos gustou que se burlaran de él cando lle creceu a nariz.
A nós gustaríanos que un paxaro carpinteiro picase no nariz de Pincho para deixala preciosa. Que todos os paxaros do bosque se pousaran nela e que Gepeto  fixese unha casiña de madeira para cada paxaro.