venres, 30 de abril de 2021

ATENCIÓN, ATENCIÓN!!!

 POIS SÍ QUE É RARO. HOXE NON ESTABAMOS NA CLASE PERO OS PROFES DIXÉRONME QUE HABÍA UN VÍDEO DUN CRUSTÁCEO NA PIZARRA DIXITAL . 

ESCRIBIDE NOS COMENTARIOS COMO ESTADES E POÑEDE QUE CRUSTÁCEO CREDES VÓS QUE PODE SER E COMO SE PODE CHAMAR. A VER SE ENTRE TODOS E TODAS ACERTAMOS.

LEMBRADE VISITAR A AULA VIRTUAL ESTES DÍAS PARA SEGUIR TRABALLANDO DENDE A CASA.

BICOS E APERTAS

mércores, 28 de abril de 2021

Agasallos na aula

Que sorpresa levamos ao chegar!!

Na clase atopamos dous paquetes xigantescos e unha mensaxe da araña Marexada que nos falaba do uso das máquinas.

Animounos a abrir os paquetes e construír a nosa propia máquina.

Alá fomos!













Aquí vos ensinamos as nosas primeiras creacións...









martes, 27 de abril de 2021

Traballamos cos euros

Limpando a praia  atopamos un sobre cheíño de moedas e billetes e non tardamos nada en chegar á aula e poñernos  a traballar.


















luns, 26 de abril de 2021

As plantas

Como todo ser vivo, as plantas realizan as tres funcións vitais: Nutición, relación e reprodución.

Para falar da nutrición das plantas utilizamos este vídeo.


Para falar da función de relación utilizamos esta ficha que podedes volver  facer se pinchades na imaxe dos xirasois.

Para tratar a reprodución das plantas utilizamos estes vídeos moi útiles. 

Queredes velos de novo?



Lembrade que se queredes aprender mais podedes ver moitos vídeos completos na páxina de Happy Learning.
 Pinchade na imaxe para acceder.

xoves, 22 de abril de 2021

Os nosos vídeos dos invertebrados con protección corporal

 Aquí vos deixamos os últimos vídeos que fixemos falando dos artrópodos:

 insectos, arácnidos e crustáceos.

Esperamos que vos gusten!



Revista Carcamán

Xa está moi preto a chegada da Revista Carcamán  deste curso. 

Como cada ano chega tamén o concurso de portadas da revista. O polbo Marcelino aconsellounos participar cunhas cantas pistas.

Lembrade que ten que ser en vertical, levar o nome da revista e o nome do colexio. O debuxo soe  tratar do autor/a das Letras Galegas que este ano é Xela Arias pero pode ser de calquera outra cousa como por exemplo do proxecto deste ano que como sabedes chámase "Planeta Arousa".

A data límite para subir a tarefa á aula virtual é o mércores  28 de abril. Non esquezades traer o traballo tamén á clase.

mércores, 21 de abril de 2021

PROXECTO PLACTON

E CHEGOU O DÍA. A OSTRA MARUXA RIU E RIU E DE PREMIO DÍXONOS QUE SAÍAMOS DE EXCURSIÓN!!

O TEMPO DEUNOS UNHA TREGUA E PUIDEMOS IR ATA A PRAIA.

ALÍ FOMOS CONSCIENTES DO MAL QUE FACEMOS AS COUSAS (AS VECES SEN DARNOS CONTA)  E DA CANTIDADE DE BASURA QUE HABÍA. 

AXUDAMOS TODO O QUE PUIDEMOS ORGANIZÁNDONOS POR GRUPOS E POÑÉNDONOS MANS Á OBRA.

QUEREDES VELO?