xoves, 30 de abril de 2020

TRABALLO INGLÉS E MÚSICA

Xa estamos a xoves. Preme nas imaxes dos blogues de inglés e música.

A profe Olala proponvos unha morea de xogos sobre o vocabulario da casa e anímavos a que grabedes un vídeo explicando as partes da vosa casa (podedes usar debuxos ou fotos se queredes).


 A proposta do profe Carlos  chámase "Bailar cos nosos zapatos, pero dunha maneira especial...). 
Preme na imaxe para ver a actividade.


mércores, 29 de abril de 2020

CIENCIAS SOCIAS- O SISTEMA SOLAR 2

Podes comezar vendo de novo o vídeo da semana pasada sobre o sistema solar
 e tamén escoitar a canción dos planetas.

Ademais, Silvia fixo un traballo moi chulo sobre os planetas que nos explica neste vídeo.


Agora intenta buscar os planetas na sopa de letras. Cada un, rodéao dunha cor diferente.


Agora podes debuxar ou imprimir esta ficha, recortar os planetas e pegalos nun folio. 
Coloca primeiro o sol e despois todos seguidos na orde correspondente.


Fixádevos que traballo tan chulo fixo Lucía sobre os planetas...


Raúl tamén se animou a facer foto do seu traballo...


Iván mandou esta foto con todo o que fixo dos planetas...


Luis fixo este super traballo do sistema solar...


Fernán ademáis de facer o traballo editou esta foto para compartir con vós...


Iago colocou o seu traballo na porta da habitación para repasar cada día ao levantarse...


Silvia repasou tamén o Sistema Solar...


Velaquí o traballo de Andrea...


Alejandra móstranos o seu traballo...


Aquí o traballo de Mario...




TRABALLO NA CASA 11-COMPRENSIÓN LECTORA "FELIZ FEROZ"

 Aquí tedes as fichas da comprensión lectora do conto que lestes a semana pasada. Espero que vos gustase.



Iván ademáis de facer o traballo, probou a meterse pasteleiro. Menuda pintaza!!!


RETO MATEMÁTICO (11-15)

Aquí vos deixo os seguintes 5 retos matemáticos. Premede neles. Fixádevos nos datos e colocádeos correctamente. Facede a operación e darlle a enviar DEBAIXO DO PROBLEMA NA ESQUERDA.

martes, 28 de abril de 2020

TRABALLO ESPECÍFICO DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA E AUDICIÓN E LINGUAXE

A profe Ana de Pedagoxía Terapéutica e o profe Alberto de Audición e Linguaxe, déixannos propostas de actividades para aqueles nen@s que non poden asistir a traballar con eles de xeito individualizado.
Premede nas imaxes

AULA PT

AULA AL


TRABALLO CIENCIAS NATURAIS, E.F. E VALORES II

Hoxe é martes e toca visitar o blogue do profe Toño. 
Se pinchades en cada unha das imaxes, accederedes directamente ao traballo das súas materias.

En Ciencias Naturais, traballaredes sobre os ecosistemas
CIENCIAS DA NATUREZA

En E.F. entrenaredes, construiredes un comecocos e faredes un reto visual. Ademais podedes seguir cos retos físicos.
E.F.

Os de Valores, veredes os cortos 1 ("CUESTIÓN DE ACTITUDE") e 2 ("MELLORA DA AUTOESTIMA") facendo un debuxo representativo

VALORES

luns, 27 de abril de 2020

SNAPPET 2

Esta semana, en Snappet  traballaremos  matemáticas (restas levando) e lingua galega (vocabulario da enerxía).
Os nenos/as que non fixeron ou non remataron o traballo da semana pasada de mates e lingua castelá, apareceralle tamén esta semana. Aos que xa o fixeron, non lles aparacerá.
Lembrade que se rematades, para practicar, podedes darlle a pestana "seguir traballando no obxectivo" na que haberá  actividades cada vez máis complexas.

Preme na imaxe para acceder á aplicación


AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR- Táboa do 1

AQUÍ VOS VAI A SEGUINTE TÁBOA MOI SINXELA.  NA TÁBOA DO 1, TODO  NÚMERO QUE MULTIPLIQUES POR 1, DARACHE O MESMO NÚMERO.

TÁBOA DO 1

Agora chega o momento de lembrar esta táboa e a do 0 do outro día.
 Pero antes lede as instrucións da seguinte ficha
FICHA 24

TRABALLO NA CASA 10- MATE (FICHA 23)

Lembra os crocodilos que temos na clase...


               e agora coloca os signos correspondentes

FICHA 23

venres, 24 de abril de 2020

DÍA DO HUMOR

O domingo é o Día do Humor e para festexalo algúns xa vos animastes a contarnos un chiste do reto desta semana de Mega H2O.


Ahí vos vai o chiste de Raúl...


Aquí tedes o de Alejandra...


Escoitade o de Mario...


Moi bo o de Iago...


Aquí poñemos o de Iván...


Mirade que chulada o vídeo que fixo Fernán...



O último chiste en chegar foi o de Lucía...


Aquí vai o chiste de Leo...



Desfrutade co chiste de Sara...


Chega o turno de Telma...


Aquí vai o chiste de Elisa...


Que traballos fixemos na casa esta semana? 2

Algunhas  familias comentastes que vos axudou moito o cuadrante de traballo que colguei a semana pasada. Cada venres, farei o mesmo para facilitarvos saber o que lles queda pendente.


CIENCIAS SOCIAIS- O SISTEMA SOLAR 1

Neste trimestre imos traballar sobre o noso planeta A TERRA,  e o Sistema Solar. Para comezar, déixovos un vídeo  que seguro que vos gusta.



Se queredes escoitar unha canción moi chula sobre os planetas, preme na imaxe. 
 Só tes que lembrar cambiar un pouquiño a letra da canción porque agora Plutón non se considera un planeta , dise que é un planeta anano, como tantos outros.
 Polo tanto  a canción. pode quedar algo así como: Mercurio, Venus, A Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano, Neptuno e ...
o Sol que todos xiran ao seu redor, SÍ señor!!!
....

Poderías completar agora a seguinte ficha cos nomes dos planetas?



AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR- Táboa do 0

Neste trimestre imos xogar a coñecer as táboas de multiplicar. 
 Por agora, imos facelo pouco a pouco.
Comezamos coa táboa do 0

É a máis sinxela porque calquera número que multipliques por 0 darache cerooooooooooooooooooo.
Alvin explícacho pero que moi, moi clariño...
Queres comprobalo?
jajajjajaajajjaj




XOGO TÁBOAS DE MULTIPLICAR

Elisa animouse a grabar un vídeo para explicarnos un xogo que fixo sobre as multiplicacións. 
Se queredes velo, pinchade no enlace e despois podedes intentalo así de grande ou coa ficha que vos deixo abaixo.



MEGARRETO 8

OLA AMIG@S:
XA FALTA MENOS PARA REMATAR OS RETOS. 
ESTOU MOI, MOI ORGULLOSO DE TOD@S VÓS. 
MOITO ÁNIMO!!!
BICOS E APERTAS
MEGA H2O


xoves, 23 de abril de 2020

TRABALLO INGLÉS E MÚSICA

Hoxe xoves, toca visitar os blogues de inglés e música.

En inglés, a profe Olalla, fálanos de novo vocabulario sobre as partes da casa. Podedes ver un vídeo e xogar un memory game...


En música, o profe Carlos proponvos escoitar unha canción da "Gramola Gominola", elexir un verso, escribilo  e debuxalo.


Ademáis pídenos axuda ás familias para responder unhas preguntiñas sinxelas sobre o blogue de música.




DÍA DO LIBRO

Hoxe é o Día do Libro!!!
Esta semana tiñamos pendente seguir lendo o conto "Lobiño Feroz" que colgamos o luns .
Ademáis o equipo de Biblioteca do cole invítanos a visitar o seu blogue e a participar nunha actividade moi chula.
Premede na imaxe se queredes ser "Booktubers"


martes, 21 de abril de 2020

TRABALLO CIENCIAS, E.F. E VALORES I

Os martes visitaremos o blogue do profe Toño. 
Se pinchades en cada unha das imaxes, accederedes directamente ao traballo das súas materias.

En Ciencias Naturais, tedes que ver os vídeos que vos deixou e facer un debuxo do que máis vos gustara.
CIENCIAS NATURAIS

 En E.F. hai novos retos. Podedes elexir algúns e grabarvos para enviarllos ao profe Toño ou senón, escribirlle no apartado de comentarios do seu blog cal vos gustou máis.
EF
Aos de Valores proponvos ver os vídeos 1 e 2 e facer un debuxo deles. 
VALORES

luns, 20 de abril de 2020

SNAPPET 1

Esta semana iniciámonos na aplicación Snappet. Mandeivos as instrucións aos correos electrónicos. 
Comezaremos por matemáticas e lingua castelá.
Cada luns colgaremos cousiñas novas.
Tedes toda a semana para ir facendo con calma o traballo e se rematades, podedes darlle a pestana "seguir traballando no obxectivo" na que haberá máis actividades.

Preme na imaxe para acceder á aplicación

LEMOS UN CONTO? "Feliz feroz"

Ola nen@s: Esta semana é a Semana do Libro. Tiñamos un conto precioso para ler na hora de lectura. Déixovolo aquí para que podades lelo. Próximamente colgaremos unhas preguntas para traballar a comprensión lectora desta obra xenial.

PREME NA IMAXE PARA LER O CONTO

TRABALLO NA CASA 8- MATEMÁTICAS- Debuxando táboas de multiplicar

Hoxe podedes ver este vídeo que fixen para explicarvos como entender as táboas de multiplicar.
Espero que vos guste...


Aquí queda  a plantilla por se queredes utilizala. Podedes facelo unha morea de veces para practicar...

venres, 17 de abril de 2020

PASATEMPOS LINGUA

Se queres xogar ás palabras intrusas preme na imaxe
Preme na imaxe, dalle a iniciar presentación e elixe a opción correcta...