venres, 30 de setembro de 2022

Somos equipo

 Conseguímolo.

 Despois duns días e traballando en equipo, logramos ordenar os meses do ano e os días da semana...



mércores, 28 de setembro de 2022

SORPRESA

 Como en ciencias sociais estamos traballando o entorno da escola, quixemos coñecer unha das partes do cole que máis nos chama a atención: A BIBLIOTECA.

Cando rematou o recreo tiñamos unha sorpresa moi grande, Libria, a mascota da biblio esperábanos para repartirnos os nosos carnés e tamén uns marcapáxinas moi chulos.




venres, 23 de setembro de 2022

Traballo en equipo

Os traballos en equipo vanse complicando. 
Hoxe tiñamos que falar, escoitar e poñernos dacordo para ordenar os días da semana e os meses do ano.




Aquí ordenamos o abecedario por todo o corredor.






...e pouco a pouco imos chegando a conclusións...


Se nos xuntamos podémolo conseguir!

Poemas compartidos

 Esta semana tivemos unha sorpresa. 

Os nenos e nenas de 3º A viñeron a nosa aula a recitarnos unhas poesías moi chulas. 

Agora tócanos ir a nós. Estades preparados/as?




mércores, 21 de setembro de 2022

mércores, 14 de setembro de 2022

Benvid@s a 1º !!!

Que ganiñas tiñamos de chegar a primeiro. Despois duns días de nervios e adaptación podemos dicir que o curso está en marcha e que non só imos a aprender unha morea de cousas senón tamén a divertirnos moito.
 Esperamos poder contarvos todas as nosas aventuras en
 1º B!!!