xoves, 27 de xaneiro de 2022

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

 Encántanos falar de animais pero tamén sabemos que os humanos non facemos as cousas ben e que moitas especies están en perigo. Atopamos esta páxina que o explica moi ben. 

Ao final desa páxina tes 3 vídeos a máis de interesantes.

martes, 25 de xaneiro de 2022

OPERAMOS COAS FRACCIÓNS

 Mirade como sumamos fraccións co mesmo denominador


E aquí como podemos restar fraccións co mesmo denominador



Mira como multiplicamos fraccións


Agora mirade como podemos dividir fraccións

xoves, 20 de xaneiro de 2022

SORPRESA!!!

Non sabemos que pasa pero sempre ao voltar das vacacións de Nadal, na nosa clase pasan cousas moi  raras. Esta semana chegamos e o corredor estaba cheo de pegadas.

Na pizarra había un debuxo que sabemos que a nosa profe non fixo...Non queirades saber por que o sabemos...

A clase estaba chea de redes por todas partes...



Había tamén unhas botas de auga vermellas...


Probámolas e todo...

E quixemos comprobar se coincidían coas pegadas...



Collemos  pisadas para ver se había algunha mensaxe oculta...


E atopamos un papel no medio das redes...






O recuncho comezou así...

E dende a casa comezamos a querer enchelo. Hoxe chegaron os tubos nos que van enroscadas as redes e algún papá con ganas, fíxonos cunha garrafa un exemplo de tubo para meter as redes do mexilón.
Esperamos as vosas aportacións!!!

mércores, 19 de xaneiro de 2022

A entrevista

 Comezamos a traballar coas entrevistas e para iso temos que ter claro unha serie de cousas. 

Mirade este vídeo de novo para poder lembralas.

domingo, 16 de xaneiro de 2022

OS ANIMAIS REPASO

 ANIMAIS 1

ANIMAIS 2

ANIMAIS 3

Os animais

Que alegría levamos cando soubemos que no segundo trimestre volvíamos a traballar cos animais.

O nosos amigo Camaleón axudounos a lembrar as características dos animais e as diferencias entre animais vertebrados e invertebrados. 

Queredes velo de novo?

CARACTERÍSTICAS DOS ANIMAIS

VERTEBRADOS

INVERTEBRADOS

HÁBITAT

xoves, 13 de xaneiro de 2022

Ditongos e hiatos

 Hoxe comezamos cos ditongos (diptongos en castelá) e hiatos. Xogamos con chapas e imáns. Podedes ver este vídeo para saber diferencialos.


DITONGOS E HIATOS 1

DITONGOS E HIATOS 2


DITONGOS E HIATOS 3

AS FRACCIÓNS

PODEDES VER OUTRA VEZ OS VÍDEOS DAS FRACCIÓNS PARA LEMBRAR O QUE SON




AGORA LEMBRA COMO COMPARAMOS AS FRACCIÓNS DEPENDENDO DE SE TEÑEN IGUAL NUMERADOR OU DENOMINADOR



luns, 10 de xaneiro de 2022