luns, 30 de marzo de 2020

TODO VAI SAÍR BEN!!!

Xa estamos tod@s!!. Desta maneira sabemos que estamos ben e anímamonos dende a casa.
Pronto faRemos un vídeo con todas as vosas fotos.

QUIQUE

LEIRE

RUBÉN
ANDREA

SARA E TELMA


ALEJANDRA

SILVIA

ÁLVARO

RAÚL

JEAN PIERRE

IVÁN

ELISA

MARIO

LEO

IAGO

ANDRÉ

FERNÁN
LUCÍA

ANXO

LUIS
PROFE TOÑO

PROFE OLALLA

PROFE CARLOS

PROFE BELÉN

ALYSSA

PROFE MARÍA



NA AROUSA, QUEDAMOS NA CASA!!!

TRABALLO NA CASA 5- MEDIDAS

Ao principio, costounos un pouco  isto de entender as diferentes unidades de medida pero manipulando manipulando, chegamos á conclusión de que non é tan difícil como pensabamos...



Aquí  vos deixamos os debuxos que utilizamos na clase. Podedes imprimilos ou debuxalos, e pintalos seguindo as seguintes instrucións:
Os kilos e litros de azul
Os medios kilos e medios litros de rosa
Os cuartos de kilo e os cuartos de litro de verde
Agora debedes recortalos e xogar con eles a xuntar varios e ver canta cantidade tedes.

Así resultarávos moito mais sinxelo facer a ficha que está abaixo e que xa iniciamos na clase.























sábado, 28 de marzo de 2020

AVISO URXENTE

Queridas familias:
 Antes de nada, quero mandarvos moito ánimo e cariño nesta situación que tanto nos preocupa a tod@s. Boto moito en falta aos nen@s e preocúpame  fundamentalmente que estén ben, tranquilos e entretidos. Como sabedes, o estado de alarma que remataba mañá domingo, exténdese 15 días máis. 
Seguiremos traballando co blogue...
Os luns e os mércores, colgarei suxerencias de traballos para que vaian facendo, na medida do posible. Deixaremos para os venres como ata agora, o reto semanal de Mega H2O.
Lembrade que non é preciso imprimir as fichas e menos se non tedes impresora na casa.
POR FAVOR, NON SAIADES PARA IMPRIMILAS, agora o importante é coidarnos moito tod@s.
Como vos dicía na mensaxe de onte,  o venres 3 de abril, as notas chegarán a través da plataforma ABALAR MÓBIL.
 Só tedes que entrar nela, pinchar no nome do nen@ , pinchar no menú (arriba na esquerda) e ir a pestaña das cualificacións. 
Avisade  por favor, que os que non teñan a aplicación e queiran recibir as notas,  me escriban ao correo para reenviarllas (á volta darémosllas impresas, coma sempre, a tod@s)
 Moitos saúdos  para tod@s e mil bicos e apertas para os pequech@s
María

mércores, 25 de marzo de 2020

TRABALLO NA CASA 4- MATEMÁTICAS E LINGUA (FICHAS 9-10-11)

Imos  repasar as restas levando. Lembrade subir os pisos para non liarvos.
Deixámosvos o ascensor da resta para que poidades practicar.

FICHA 9
FICHA 10





Explicación da mecánica da resta

FICHA 11

luns, 23 de marzo de 2020

TRABALLO NA CASA 3- CIENCIAS SOCIAIS

Onte 22 de marzo, foi o Día  Mundial da auga. Que mellor maneira de festexalo que repasar todos os vídeos sobre a auga nos que descubrimos unha morea de cousas grazas ao camaleón...

O ciclo da auga

Os estados da auga

Características da auga
Agora le o resumo e  despois completa as fichas que hai mais abaixo, coas respostas axeitadas. Podes copialas nun folio...









Ademais deixámosvos o molde desta pinga para que copiedes, coloreedes e escribades no seu interior unha mensaxe de ánimo para os vosos compañeir@s.
Despois podedes facer unha foto e mandarma ao correo para colgar no blogue.
Un biquiño a tod@s
María

sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA

Queridos nen@s:
 Hoxe é o Día da Poesía. Tiñamos un traballo de Rosalía de Castro ben chulo para repartir pola Arousa. Prométovos que cando todo isto pase, faremos esa excursión prometida pola Illa.
Mentres, déixovos un poema  fantástico que a profe Fátima de 6º quixo compartir con nós no blogue da biblioteca do cole. 
Animádesvos a grabar vós un??


Pois sí, hai xente animada a grabar o seu propio poema.
 Grazas a  Iván  e a súa familia por  esta obra maestra!!!!


venres, 20 de marzo de 2020

MEGARRETO 3

Ola amig@s: Como non podía ser doutra maneira Mega H2O chega co desafío desta semana. Cando todo isto remate e cheguemos ao cole de novo, a profe daravos as pegatinas para os pasaportes e os cartos para a tenda dos Superheroes.
 Ánimo que xa falta menos!!

 Se vos animades, enviádeme fotos ao correo cos vosos murais e faremos un vídeo ben chulo para colgar no blogue e saber que tod@s estamos ben!!!

mércores, 18 de marzo de 2020

TRABALLO NA CASA 2- MATEMÁTICAS (FICHAS 6,7,8)

LEMBRADE  QUE O TRABALLO NON É OBRIGATORIO E QUE TAMPOUCO É NECESARIO IMPRIMILO, PÓDESE FACER NUN FOLIO OU NALGUNHA LIBRETA VELLA QUE TEÑADES POLA CASA. SE TEDES ALGUNHA DÚBIDA OU PROBLEMA, PODEDES POÑERVOS EN CONTACTO COMIGO (destabeiradaponte@gmail.com)

Ola rapaces/as: Como ides? Estades xogando moito?
Dende o cole propoñemos unhas tarefiñas de mates para que nos se nos esqueza a mecánica do cálculo e os problemas.
Aquí vos quedan...
FICHA 6

FICHA 7
FICHA 8

luns, 16 de marzo de 2020

TRABALLO NA CASA 1- LINGUAS (FICHAS 1 Á 5)

Ola rapaces/as: 
Estes días están sendo un pouco complicados pero é preciso que non perdamos a rutina da clase. 
Aquí vou ir deixando algunhas fichas que podedes facer (intentade repartilas, non se trata de facer todo xunto senón adicar un ratiño cada día as tarefas do cole).
As fichas poden imprimirse aínda que NON É NECESARIO. Basta con copiar as respostas nun folio poñendo o voso nome e o día no que facedes o traballo.

IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS: Moito ánimo papás e mamás. Dende o cole só facemos suxerencias para que fagan algunha cousiña e se entreteñan. NON VOS AGOBIEDES COS DEBERES.Desexamos que todo isto pase e poder volver pronto a achucharnos. Unha aperta "telemática".
María

Se tedes algunha dúbida podedes escribirme a "destabeiradaponte@gmail.com". 

FICHA 1

FICHA 2
FICHA 3

FICHA 4

FICHA 5

venres, 13 de marzo de 2020

MEGARRETO 2

Ola nenos e nenas!! Entereime que nos próximos días, non viredes ao cole por culpa dun virus...  non vos preocupedes!!!. Aquí no blogue, a vosa profe, seguirá colgando todos os megarretos cada venres. Lembrade que podedes facer cada reto nun folio pero que debedes coidar a presentación. Deixámosvos tamén a plantilla de respostas por se vos resulta máis cómodo imprimila e respostar nela cada semana.
Ademais debedes estar atent@s ao blogue porque colgaremos traballos para que poidades ir facendo na casa.
Ánimo amig@s. Bicos e apertas.
Mega H2O.


mércores, 11 de marzo de 2020

Quen vive no compost?

Esta semana, voltamos a participar nas actividades organizadas por Revitaliza. Tivemos que facernos científicos e observar os bichiños que hai no compost.