venres, 30 de outubro de 2020

SAMAÍN

 Foi un Samaín atípico pero a nós encántanos disfrazarnos e o desfrutamos igualmente.




Aquí vos queda o enlace para ver o vídeo de todas as cabazas que nos chegaron este ano virtualmente.

 Grazas de novo familias!

mércores, 28 de outubro de 2020

RECEITAS (TAREFA 8- ENTREGA ANTES DO 3 DE NOVEMBRO)

 Como sabedes, para facer una receita é necesario seguir instrucións. Debemos facer unha lista dos ingredientes  así como a cantidade que precisamos de cada un.
Despois explicaremos de forma sinxela e ordenada os pasos para cociñala.
Agora debedes facer a vosa propia receita (copiada, inventada, coa axuda da familia..) e un debuxo. Facede un par de fotos do traballo e subídeo á aula virtual (na semana do 25 ao 31 de outubro)- tarefa 8.
NON VOS ESQUEZADES DE FACER A RECEITA EN GALEGO
Aquí vos queda o exemplo que fixemos na clase e as instrucións por se non tedes a man as que usamos na aula.
LEMBRADE SUBILA Á AULA VIRTUAL ANTES DO MARTES DÍA 3 DE NOVEMBRO


luns, 26 de outubro de 2020

OS SENTIDOS

 Aquí vos deixo os vídeos que vimos na clase sobre os 5 sentidos. A información máis importante está na libreta pero seguro que con eles lembrades unha chea de cousas. Ánimo!

A VISTA

O OÍDO

O OLFACTO 


O GUSTO


O TACTO

As etapas da vida- TAREFA 10

 Esta semana estivemos traballando sobre as etapas da vida. 

Falamos de que empezamos sendo bebés, despois nenos e nenas, pasamos á adolescencia, chegamos á madurez e por último alcanzamos a ancianidade, na que ademáis de moitos anos teremos tamén moitísimas experiencias.

 Por iso os nosos avós e avoas son tan sabios e poden ensinarnos tantas cousas.

Lembra facer un debuxo no que aparezan as etapas da vida, facerlle unha foto e subila á aula virtual.

venres, 23 de outubro de 2020

APARELLOS DO CORPO HUMANO

 Para seguir aprendendo cousas do noso corpo, repasamos os aparellos 

a través destes vídeos que nos gustaron moito.

APARELLO DIXESTIVO


APARELLO RESPIRATORIO

APARELLO CIRCULATORIO

APARELLO EXCRETOR

APARELLO LOCOMOTOR

APARELLO REPRODUCTOR

xoves, 22 de outubro de 2020

Os sentidos: A vista- Semana 6- Tarefa 7

Despois de falar na clase da importancia dos sentidos para realizar a función de relación, invítovos a que vexades este vídeo explicando o sentido da vista.
 

luns, 19 de outubro de 2020

Rectas numéricas- Semana 6- Tarefa 6

 Estamos traballando coas rectas numéricas. 

Fixemos un gran traballo na libreta e agora toca subilo á aula virtual.


xoves, 15 de outubro de 2020

Biografía- Semana 5- Tarefa 5

Como xa falamos, a biografía é a historia da vida das persoas. Cando falamos da nosa propia vida chámase autobiografía. Mirade este vídeo para aprender un pouco máis como contalo.
Despois grabade a vosa autobiografía coa axuda do traballo de clase e subide  a tarefa na aula virtual na semana do 11 ao 17 de outubro.
Por certo, hai varios erros neste vídeo. A ver se os atopades...


mércores, 14 de outubro de 2020

Táboas de multiplicar do 6-7-8-9-10

Non podía ser doutra maneira. Encendemos o son ben alto  e cantamos as cancións das táboas que nos faltan...

TÁBOA DO 6

TÁBOA DO 7

TÁBOA DO 8

TÁBOA DO 9

TÁBOA DO 10

luns, 5 de outubro de 2020

Táboas de multiplicar 0- 1- 2- 3- 4- 5

 Despois de repasar as táboas do 0 ata do 5, aquí vos quedan as cancións que aprendimos na clase para que lle poñades moito ritmo!

A táboa do 0 non é unha canción pero lembrades o que nos rimos?

TÁBOA DO 0

TÁBOA DO 1

TÁBOA DO 2

TÁBOA DO 3

TÁBOA DO 4


TÁBOA DO 5