venres, 28 de abril de 2023

A lebre e a tartaruga

Non nos gustou que a lebre fora tan presumida e pensara que era a mellor.

Gustaríanos que ao ser tan rápida se ofrecera a levar a tartaruga a todos lados e chegaran a ir a un partido de fútbol. 

Caeron da grada e foron pisoteadas. Leváronnas ao vestiario e conseguiron sinaturas e xogar co equipo.

xoves, 27 de abril de 2023

SEGURIDADE VIARIA

 Esta semana comezamos coa seguridade viaria e empezamos a diferenciar os tipos de sinais que existen. 

Non só teñen diferentes formas e cores senón que temos tamén semáforos, pintadas na rúa e axentes do tráfico aos que temos que facer moito caso.




Polgariño

 No conto de hoxe, non nos gustou que venderan ao pobre Polgariño. Na nosa clase preferimos que Polgariño fora ao cole en bus e ao ser tan pequeniño se colara por un asento e quedara perdido.

Entretívose cos obxectos perdidos no asento, unha canica, unha moeda e unha cuncha. Alimentouse grazas ás migas de pan que lle caeran a unha nena que comera un bocadillo antes de ir ao cole.

Ao final do conto, o conductor do bus atopa a Polgariño cando fixo a limpeza dos asentos.

mércores, 26 de abril de 2023

O soldadiño de chumbo

No conto de hoxe, pareceunos que a nai  non debería comprarlle tantos agasallos ao seu fillo porque o neno era un egoísta e desagradecido. Tratau mal ao boneco.
Démoslle a volta e pensamos que a nai lle regalara ao neno unha bailarina e un soldadiño. Os dous querían xogar ao fútbol e formaron parte do mesmo equipo nun futbolín.

martes, 25 de abril de 2023

Os músicos de Bremen

No conto de hoxe, non nos gustou que se maltrataran animais e gustaríanos que cando formasen o grupo de música contaran cun corpo de baile que serían os ladróns xa que todos ían vestidos iguais.
Para facer a portada do disco, decidiron colocarse en torre e poñerse de nome "Os músicos de Bremen".

luns, 24 de abril de 2023

Xoán e as fabas máxicas

No conto de hoxe, Xoán non fixo o que a súa nai lle mandou. 
Foi moi avaricioso.
Gustaríanos que antes de vender a vaca lle dera leite ao ancián e este como agradecemento lle regalara as fabas máxicas.
Xoán e a súa nai plantaron as fabas e puideron subir a coñecer ao ogro que esraba enfermo. A nai de Xoán curouno cunha menciña moi cara que puideron mercar grazas aos cartos do ogro. 
Regaloulles moedas e unha galiña que poñía ovos de ouro.

venres, 21 de abril de 2023

Riciños de Ouro

 No conto de hoxe non nos gustou que Riciños de Ouro non lle fixera caso aos seus pais e que fose bastante descarada entrando nunha casa e tocando todo o que atopaba.

Gustaríanos que a familia de Riciños e a familias dos osos se coñeceran e decidiran buscar froitos e mel no bosque e fixeran un picnic co que atoparan.

xoves, 20 de abril de 2023

A bela durminte

 Hoxe volvemos a falar da necesidade de non fixarnos só na beleza exterior, senón no interior das persoas.

Gustaríanos que a princesa espertara no día do seu aniversario e tivese de agasallo unha "rueca" que cambiara os malos pensamentos e malas condutas por outras que foran boas.


mércores, 19 de abril de 2023

O flautista de Hamelin

Na historia de hoxe, os habitantes do pobo non cumpliron a súa promesa. Foron egoístas e desagradecidos. Gustaríanos que os habitantes do pobo contrataran a banda do flautista para as festas e ue os nenos e nenas se bañaran no río. 
Cada un levou a súa mascota e déronse conta que todos tiñan ratos. Deixáronnos divertíndose nunha piscina de bolas.

martes, 18 de abril de 2023

Hansel e Gretel

Hoxe martes, coñecemos a historia de Hansel e Gretel. Non nos gustou que a madrastra non os quixera e moito menos que o pai accedera a deixalos abandonados no bosque.
Démoslle a volta ao conto e preferimos que os pais quixeran sorprender aos nenos polo seu aniversario, pedíndolle á bruxa, que era reposteira, unha tarta grande coma unha casa.
A bruxa que era un pouco xorda, entendeu mal e fixo unha casa xigante de chocolate.
A  Hansel e a Gretel encantoulles a súa sorpresa.

luns, 17 de abril de 2023

PAISAXES





A ratiña presumida

No conto de hoxe non nos gustou que a ratiña rexeitou ao rato para elexir ao gato que acabou coméndoa.
Gustaríanos que a ratiña e os resto de animais do conto, limparan xuntos e que atoparan decenas  de moedas coas que decidiron irse a unha casa rural e comer gominolas.

venres, 14 de abril de 2023

Carapuchiña vermella

Rematamos a semana co conto de Carapuchiña Vermella.
Non nos gustou que Carapuchiña desobedecera a súa nai e que o lobo a engarara.
Démoslle a volta ao conto e pensamos que carapuchiña, a nai e a avoa querían ir de vacacións. Foron a axencia de viaxes do lobo e ofreceulles un hotel con xardín (para a nai que era amante das flores), camas relaxantes (para o descando da avoa) e un parque acuático para que Carapuchiña poidese pasalo ben. O encargado do hotel era tamén cazador.


xoves, 13 de abril de 2023

A leiteira

No conto de hoxe aprendemos que está moi ben soñar pero que non podemos facelo cando temos que estar concentrados noutra cousa.
Gustaríanos que a leiteira estivese moi concentrada para non tropezar e non lle caera a leite. Así podería vendela e cos cartos mercar o que lle gustase.

mércores, 12 de abril de 2023

Brancaneves e os 7 ananiños

Na historia de hoxe, non nos gustou que a raíña tivese tanta envexa e fose tan egoísta. 
Tampouco nos gusta que o príncipe só se fixara na beleza de Brancaneves.
Pensamos que o conto sería mellor se a raíña e Brancaneves foran amigas e buscaran aos ananos para pasalo ben. Cos materiais conseguidos na mina, fixeron manualidades e vendéronnas. Cos cartos que gañaron foron a un spa para relaxarse.

LONTREIRA

 Hoxe Laretas mandounos unha carta para invitarnos  mañá xoves a un concerto.

Estivemos traballando unha das cancións do grupo Lontreira "Corazón de toxo". 

Aquí podedes ver o vídeo desta canción...

martes, 11 de abril de 2023

O parrulo feo

Voltamos ao cole coa historia do parrulo feo. Non nos gustou nada que se riran de él e que o trataran tan mal. Tampouco nos gustou que non todos temos porque ser iguais e gustarnos as mesmas cousas.
Gustaríanos que o respectaran e que se levasen todos e todas ben.