venres, 12 de maio de 2023

As mentiras

Levamos varios días coñecendo contos da cousa que máis doe do mundo que descubrimos que é a mentira...

Moitos dos contos clásicos que coñecemos estes meses falan da mentira, Pinocho, O home de xenxibre, Carapuchiña vermella, As 7 cabuxiñas...
Hoxe descubrimos o conto de Pedro e o lobo...

xoves, 11 de maio de 2023

A Bela e a Bestia

No conto de hoxe non nos gustou nada que a Bela fose tan cruel e egoísta. Ademáis so se fixou na beleza exterior.
Gustaríanos que foran a unha tenda de disfraces. Que a careta de Bestia lle quedase pegada, que Bela estoupase uns globos e co susto, a careta caera.

mércores, 10 de maio de 2023

Pinocho

No conto de hoxe non nos gustou que Pinocho fora mentireiro e que rompera unha promesa.
 Tampouco nos gustou que se burlaran de él cando lle creceu a nariz.
A nós gustaríanos que un paxaro carpinteiro picase no nariz de Pincho para deixala preciosa. Que todos os paxaros do bosque se pousaran nela e que Gepeto  fixese unha casiña de madeira para cada paxaro.

 

martes, 9 de maio de 2023

O libro da selva

No conto de hoxe atopamos uns monos presumidos que non nos gustaron nada. Tampouco nos gustou que o 

tigre roubara un bebé humano.

Gustaríanos que Mogly ensinara aos animais a xogar ao baloncesto para poder formar un equipo todos xuntos.


luns, 8 de maio de 2023

Alicia no País das marabillas

No conto de hoxe non nos gustou que Alicia fose tan atrevida bebendo e comendo sin saber se lle faría dano. Tampouco nos gustou que escapase da súa irmá e que entrara nas casas sen permiso.
A nós gustaríanos que lle regalara a súa irmá un canciño e que sen querer lle tocase a orella dereita facéndose moi pequena. Tocándolle a orella esquerda, faríase moi grande.
Ao final do conto e grazas a súa irmá descubre que para voltar ao seu tamaño orixinal só ten que acariciar o rabiño do can.

venres, 5 de maio de 2023

O traxe novo do emperador

 No conto de hoxe, non nos gustou que os xastres foran farsantes e que os gobernantes mentiran pola vergoña do que pensaran os demais.

No noso conto, démoslle a volta e pensamos que a tela do traxe sí existía pero só se podía ver cun microscopio.

xoves, 4 de maio de 2023

O xastre valente

Hoxe non nos gustou que o xastre fose tan chulito, que o rei elexira pola súa filla e que a princesa só se fixara no exterior das persoas.
Gustaríanos que o xastre se fixera famoso por ser rapeiro e creara unha canción para que a xente coñecera o seu traballo...
"Ola, que tal?
son un rapeiro,
vou polo bosque
e píntome o pelo.
Son moi valente,
gústame coser, 
a mellor roupa
pódoche facer!"

mércores, 3 de maio de 2023

O home de xenxibre

No conto de hoxe, non nos gustou que o home de xenxibre fose tan presumido e confiado.
Démoslle a volta e pensamos que os avós montaran un futbolín cos personaxes do conto, o home de xenxibre, a vaca, o porco, o polo, o corvo e o raposo.