mércores, 30 de outubro de 2019

VISITAS DE SAMAÍN

Hoxe non foi día de traballo. Pasamos a mañá dun lado para outro. Recibimos a visita dos nen@s de 1º que viñeron a por "unha esmola polos difuntiños que van alá" e despois nós visitamos as exposicións de cabazas de todo o colexio. Coñecimos o conto da Bruxa regañadentes e aproveitamos para volver a Educación Infantil e coñecer a súa aula sensorial. Encantounos a cantidade de cousas que alí tiñan  ...




 










SAMAÍN

Estamos de festa e iso nótase. Por iso hoxe  viñemos ao cole disfrazados e dando moitísimo medo.
Aquí vos ensinamos os nosos "looks" de Samaín.











MERENDAS TERRORÍFICAS

Unha vez máis, as nosas familias puxéronse mans á obra e axudáronnos cuns postres de medo. A que vos gustaría probalos?...









CABAZAS DE SAMAÍN

Como non podía ser doutra maneira, as cabazas deste ano, non defraudaron e foron realmente terroríficas.
Aquí vos ensinamos todas as que fixemos na nosa clase.
Esperamos que vos gusten...







xoves, 24 de outubro de 2019

ESTÁ PRETO O SAMAÍN

Como sabedes, a semana que ven festexamos no cole a chegada do Samaín. O luns 28 traeremos as cabazas decoradas e o mércores 30 podemos vir ao cole disfrazados dando moito medo. Ademais animámosvos a cociñar en familia e traer postres terroríficos para compartir na aula ese mesmo mércores.
Lembramos que  o xoves 31, o venres 1 e o luns 4 de novembro, NON HAI CLASE.