xoves, 26 de novembro de 2020

Curiosidades do corpo humano- Tarefa aula virtual.

Ola amiguiños e amiguiñas:

Con Esqueli aprendemos unha morea de cousas sobre o corpo humano pero seguro que se segues investigando atopas algunha curiosidade que o resto non coñecemos.

Investiga, escribe as curiosidades do corpo na ficha e trae a información á clase. Non esquezas facerlle foto ao teu traballo e subila á aula virtual antes do luns día 30 de novembro.

Bicos e apertas

María

Xeometría

 Esta semana descubrimos o transportador de ángulos. Gustounos moito e queremos seguir traballando con él. Para iso cada neno/a debe traer o seu. Podedes atopalo nas librarías.


mércores, 25 de novembro de 2020

Día Contra a Violencia de Xénero

 Dende o colexio Torre- Illa queremos prestar a nosa voz para loitar contra a Violencia de Xénero. Este curso non puidemos xuntarnos físicamente co resto do cole pero decidimos que cada aula prestase a súa voz para gritar ben forte NON Á VIOLENCIA!!!

Premede na imaxe

Queremos lembrarvos dous contos marabillosos que coñecemos na aula o ano pasado para traballar a Violencia de Xénero e que nos seguen encantando. 

Rosa Caramelo


Artur e Clementina


sábado, 21 de novembro de 2020

Día dos Dereitos dos nenos e das nenas

 Este ano para conmemorar o día dos dereitos dos nenos e das nenas quixemos traer mostra gráfica de que os profes e as profes tamén fomos pequenos algunha vez non moi lonxana. 

Os corredores de todo o colexio apareceron cheíños de fotos. Se queredes velas só tedes que premer na imaxe. 

Esperamos que vos gusten!!!

xoves, 19 de novembro de 2020

Canción "Girasoles"

 Rapazada!! Aquí vos queda a canción que levamos uns días escoitando a todo volume na nosa clase. Seguiremos practicando... Lembrade vir mañá venres vestidos de cor negro...



mércores, 11 de novembro de 2020

O conto- Tarefa 11

Esta semana falamos dos contos e das súas partes. Practicamos na clase pero lembrade que debedes crear o voso propio conto e subilo á aula virtual. 
 Para iso tedes que entrar na aula virtual e buscar a tarefa 11 na semana do 8 ao 14 de novembro.
Lembrade que tedes de prazo ata o próximo luns día 16 de novembro.
Aquí vos queda un vídeo coas partes do conto para que vos resulte máis sinxelo...
 

domingo, 8 de novembro de 2020

Visita de Libria

 Esta semana recibimos unha visita sorpresa...


Apetecíanos moito ver a Libria e darlle grandes apertas aínda que nos conformamos con mandarlle moito cariño e agradecerlle o gran agasallo que nos trouxo: unha morea de libros para a nosa aula.

 Iso sí, seguindo todas as medidas de seguridade...


domingo, 1 de novembro de 2020

Líneas rectas- Tarefa 9

 Fixemos un gran traballo de xeometría coas liñas rectas. 

Lembrade subilo á aula virtual na semana do 1 ao 7 de novembro onde pon tarefa 9.