venres, 19 de xuño de 2020

FELIZ VERÁN!

Pois hoxe remata este curso tan raro. 
Foi unha pena non desfrutar de tod@s vós na aula pero estou segura de que xa faltou máis para poder vernos e abrazarnos.
Espero que pasedes un verán alucinante para voltar en setembro con máis ganas.
Moreas de bicos e apertas, guapiñ@s.
A profe María
E que mellor maneira de despedirnos que con música. 
Aquí vos deixo o vídeo do profe Carlos con todo o que traballastes nesta tempada. 
Volume ao máximo e... a bailar!!!

xoves, 18 de xuño de 2020

TRABALLO DE INGLÉS E MÚSICA

Premede na imaxe se queredes seguir xogando cos enlaces que colgou o profe Carlos.


 Esta semana, a profe Olalla colgou unha morea de xogos!!
Ademais podedes ver o vídeo tan chulo que se lle fixo a Alyssa, a nosa auxiliar de conversa, pola súa despedida e o vídeo que ela nos manda para despedirse de tod@s nós...
Esperamos que vos gusten!


Preme na imaxe se queres ver o vídeo que fixo Alyssa para nós

Preme na imaxe se queres ver o vídeo que fixemos nós para Alyssa

mércores, 17 de xuño de 2020

XOGOS MATEMÁTICOS

Non hai mellor maneira de repasar que xogando.
 Aquí vos quedan unha morea de xogos para practicar cando queirades. 
Xa veredes que utilizándoos, chegades a 3º sendo uns xeni@s matemátic@s.

PREME NA IMAXE PARA CONTAR NÚMEROS ATA 1000

PREME NA IMAXE PARA XOGAR A PAR OU IMPAR

PREME NA IMAXE PARA XOGAR A ORDENAR NÚMEROS

         PREME NA IMAXE PARA XOGAR ÁS SUMAS DOBLES

       PREME NA IMAXE PARA XOGAR ÁS MULTIPLICACIÓNS


XOGOS LINGUA

Supoño que non queredes ser só uns xeni@s matemátic@s, senón tamén superheroes e superheroínas da lingua.
 Aquí tedes unha chea de xogos para practicar.

PREME NA IMAXE PARA XOGAR A BUSCAR O PERSONAXE

PREME NA IMAXE PARA XOGAR ÁS FAMILIAS DE PALABRAS

PREME NA IMAXE PARA XOGAR A ORDENAR O ABECEDARIO

PREME NA IMAXE PARA XOGAR COAS PALABRAS CON C E Z

martes, 16 de xuño de 2020

TRABALLO DE CIENCIAS NATURAIS, E.F. E VALORES

Esta última semana, o profe Toño, quere que repasemos un pouco a través de EXPERIMENTOS.
Debedes ver os 3 vídeos-experimentos, elixir un , facelo e grabalo  ou
facer fotos do proceso.
Lembrade enviarlle as actividades a: eftorreilla@gmail.com

CIENCIAS NATURAIS
En E.F. debedes facer o entreno de xogadores do FC Barcelona. Realizar o FROZEN YOGA e resolver os RETOS VISUAIS 3 e 4.

E.F.

 Os de Valores, debedes ver vídeo 2  "LA MEJOR FAMILIA DEL MUNDO" e facer un pequeño debuxo representativo do vídeo.

luns, 15 de xuño de 2020

SNAPPET

Hoxe é o último día que utilizamos  Snappet.
Tod@s fixestes un gran traballo!
 O desta semana está relacionado cos verbos para seguir aprendendo sobre eles


venres, 12 de xuño de 2020

Que traballos fixemos esta semana? 9


OS VERBOS

Ola nen@s. 
Despois de traballar os sustantivos e os adxectivos, hoxe toca falar doutra clase de palabras que son:
 OS VERBOS.
O verbo é o que nos di o que fai algúen.
Por exemplo: A profe rega as plantas.
Se pregunto que fai a profe? Ti que contestarías? 
Pois sí, regar. Ese é o verbo.
Mirade agora este vídeo.


Completa estas oracións co verbo que falta. Lembra que o verbo é o que nos dí o que estamos  facendo.



Se queres practicar cos verbos, preme na imaxe


xoves, 11 de xuño de 2020

TRABALLO INGLÉS E MÚSICA

 A profe Olalla comentou que nestas  dúas semanas que quedan de curso, as actividades que se subirán no blog de inglés, serán xogos e vídeos a modo de repaso.
 Por favor, aproveitade estas semaniñas para enviar as tarefas que poidades ter atrasadas.

Agora sí que comezamos coa recta final !!!


O profe Carlos xa avisou que non mandará facer  tarefas novas no blog de música, pero podedes facer as que teñades pendentes e seguir xogando e vendo os enlaces que  irá engadindo.



mércores, 10 de xuño de 2020

TÁBOA DO 5

NON FAI FALLA QUE ENVIEDES MÁIS TRABALLOS.
SÓ AS FAMILIAS COAS QUE XA ME PUXEN EN CONTACTO POR MAIL PORQUE TEÑEN TRABALLOS PENDENTES. GRAZAS!

Por fin chegamos a táboa do 5. Tamén é moi sinxela porque xa aprendemos a contar de 5 en 5 nos cupóns da clase.
Escoitade esta canción...


Lembra que multiplicar é sumar o mesmo número varias veces.

FICHA 49

Agora practica coa táboa do 5 premendo na imaxe. 
Ao rematar dalle a comprobar as miñas respostas. 


RETO MATEMÁTICO (41-45)

Aquí vos deixo os ÚLTIMOS 5 retos matemáticos. Premede neles. Fixádevos nos datos e colocádeos correctamente.
Facede a operación e darlle a enviar  DEBAIXO DO PROBLEMA NA ESQUERDA

martes, 9 de xuño de 2020

TRABALLO CIENCIAS NATURAIS, E.F. E VALORES

Esta semana, o profe Toño fálavos do  PESO, VOLUME E CAMBIOS NOS MATERIAIS.
Tedes que ver o vídeo,  ELIXIR só unha das 2 actividades propostas e enviala.

CIENCIAS NATURAIS

En E.F. , debedes facer o entreno de CR7, resolver  os RETOS VISUAIS 1 e 2  
e facer OS VOSOS VIDEO RETOS 

E.F.

Os de Valores, tedes que ver o corto 1 "Negative Space"  e facer un pequeno debuxo representativo do vídeo. 

VALORES

luns, 8 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Hoxe, 8 de xuño, é o Día Mundial dos Océanos.
Premede na imaxe e vede este vídeo curtiño.
Despois fai un debuxo de como te gustaría a ti que estivesen os mares e os océanos.


QUIQUE
LEIRE

ANXO
LEO
IAGO

SILVIA
LUIS
ANDRÉ

SARA

TELMA

ÁLVARO

IVÁN
FERNÁN
RAÚL
MARIO

SNAPPET (LINGUA GALEGA)

Esta semana en Snappet, imos repasar o suxeito e o predicado das oracións.
 Preme na imaxe e fai os 20 exercicios. 

venres, 5 de xuño de 2020

Que traballos fixemos esta semana? 8



DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe 5 de xuño é o Día do Medio Ambiente.
Mira ben este cartel.

Aínda que tod@s sabemos o que debemos facer,  hai persoas que prefiren contaminar que coidar o medio ambiente. Mira agora este vídeo e verás o que pasa se un decide ser responsable coas cousas que lle rodean.


Agora elixe un dos eco-retos que viches no cartel ou no vídeo e escríbeo nun papel con moi boa letra decorada.
Despois fai un debuxo relacionado co teu eco-reto e faille unha foto para enviarlle á profe. 
Lembra que o traballo ten que estar en galego, facelo en vertical e repasar o debuxo e as letras cun perfilador negro.

Mirade que nos fixeron chegar dende a Concellería de Medio Ambiente e o Equipo para a Transición Enerxética da Arousa,. Invítannos a dar un paseo con Pepo pola Arousa para reflexionar como a coidamos mellor.



Empezan a chegar grandes traballos!
QUIQUE
LEO
LEIRE

FERNÁN

MARIO

LUCÍA
ANDRÉ
ANXO
IVÁN
IAGO
RAÚL
LUIS
ELISA

SILVIA