luns, 29 de abril de 2024

MISIÓN BARBAFEITA

  Hoxe tivemos nova carta. Barbafeita mandounos unha nova bandeira  Temos que descubrir de que país é e cubrir o noso pasaporte.

Ademais debemos investigar como se chama o cadro e quen foi o artista que o pintou. Debemos  escribilo na  axenda.

TEMOS DE PRAZO ATA O XOVES DIA 2 DE ABRIL



luns, 22 de abril de 2024

ANDY WARHOL


PREGUNTAS ANDY WARHOL

1.Onde naceu?
2.Como se chama o arte que usaba Andy Warhol?
3.Cantos anos tiña cando se puxo enfermo?
4.Quen lle ensinou a debuxar?
5.Que se lle ocorreu facer coas imaxes?
6.So fixo isto con obxectos?
7.Que lle pasou un día por perder un guión?
8.Cal foi unha das súas frases máis coñecidas?
9.De que tema trataba o libro absurdo que publicou?

10.Crea a portada da revista Carcamán nun folio aparte.

Lembrade o prazo é ata o vindeiro venres (26 abril)!!!

O tamaño da portada é Din- A4 (vertical)
 e  debe levar visible: 
Revista Carcamán,
 Letras galegas 23-24, 
CEIP Torre-Illa 
e o nome da homenaxeada deste ano Luisa Villalta Gómez.

venres, 19 de abril de 2024

MISIÓN BARBAFEITA

 A nova bandeira que chegou esta semana foi esta...

 Viu acompañada deste cadro tan colorido.
 Debemos investigar como se chama o cadro e quen o pintou así como descubrir que país representa esta bandeira para poder completar o pasaporte pirata.
Temos de prazo ata o martes da semana que ven.
Ánimo Carcamáns!


A materia


domingo, 14 de abril de 2024

Creamos máscaras en familia

 Aquí vos deixamos as máscaras (como as de Arcimboldo) que creastes para encher o voso cofre de moedas...

Vega

Lucas 

 Luciana 

Martín 


Álex


Carla

Laura

Lara

Irene

Hugo

Lois

Valeria 

Malén

Vera

Juan

Adrián

venres, 12 de abril de 2024

GIUSEPPE ARCIMBOLDO




Lembrade que ademais de responder ás preguntas, podedes gañar mais cartos para os vosos cofres se traedes ou enviades ao mail da profe (destabeiradaponte@gmail.com) fotos de caras feitas con obxectos. 
Aquí vos deixamos algúns exemplos...




AS PREGUNTAS DE ARCIMBOLDO

1.Onde naceu Arcimboldo?
2.Cantos anos tiña a técnica que utilizaba Arcimboldo?
3.Con que obxectos estaba feita a cara da Primavera?
4.E o verán ?
5.O outono estaba feito con …
6.E o inverno?
7.Que pasaba cando se lle daba a volta a algúns dos cadros?
8.En que convertiu Philip Haas as estacións de Arcimboldo?
9.Que sentía a nena ao ver as esculturas?
10.Crea a tua propia cara con obxectos e faille unha foto. Non esquezas enviala ao mail da profe.


martes, 9 de abril de 2024

MISIÓN BARBAFEITA

 Hoxe Barbafeita mandounos unha nova bandeira  Temos que descubrir de que país é e cubrir o noso pasaporte.

Ademais debemos investigar como se chama o cadro e quen foi o artista que o pintou. Debemos  escribilo na  axenda.

TEMOS DE PRAZO ATA O VENRES



Determinantes


DETERMINANTES 
ARTÍCULOS E DEMOSTRATIVOS


DETERMINANTES 
POSESIVOS, NUMERAIS E INDEFINIDOS


SE QUERES PRACTICAR COS DETERMINANTES, PREME NA IMAXE...