venres, 26 de marzo de 2021

O ourizo Maremoto

 Para rematar o trimestre. a estrela Margarita presentounos a Maremoto, un ourizo de mar. Seguimos co mundo dos equinodermos e pídenos que investiguemos sobre as diferenzas entre estas dúas especies.

Á volta recolleremos as fichas de investigación e repartiremos os cromos.

Descansade moito e desfrutade das merecidas vacacións!

xoves, 25 de marzo de 2021

Presentamos aos invertebrados que imos coñecendo

 Seguimos traballando cos invertebrados. Como sabedes, comezamos polos que non teñen protección corporal (anélidos, poríferos e medusas). Aquí vos deixamos algúns vídeos cos nosos descubrimentos.

xoves, 18 de marzo de 2021

Margarita e os carteis

Que sorpresa!! Hoxe coñecemos a Margarita, unha estrela de mar que nos falou de como facer un cartel. Pronto será o día da saúde e precisamos facer carteis para amosarlle ao resto do cole o importante desta conmemoración.

A saúde abarca moitísimas cousas. Na clase estivemos falando de varias e a cada un de nós tocounos traballar sobre unha concreta.

Aquí podedes ver o vídeo de Margarita, o tema que nos tocou a cada un de nós e  outros carteis que vos poden valer como exemplo.

Lembrade facelo en galego e traelo antes do xoves 24 de marzo. Ánimo!!!

Anxo- Protección (xel, máscaras, distancia social)

Alejandra- Coidado da vista (fora pantallas) 

J. Pierre e Elisa- Protección da pel polo sol.

Leire- Ocio (xogar)

Mario e Iago- Dieta equilibrada

Andrea e Iván- Reciclaxe 

André e Leo- Hixiene

Luis e Sara -Relaxación 

Fernán e Telma- Control postural

Lucía e Raúl- Vacinas

Rubén e Álvaro- Descanso

Quique e Silvia- Exercicio físico








luns, 15 de marzo de 2021

Coñecemos a Martiño, o verme

Hoxe ao chegar tiñamos novo vídeo esperándonos. Esta vez coñecemos o verme Martiño que nos enviou unha ficha na que quere que investiguemos sobre os equinodermos. Aquí vos deixamos o vídeo de Martiño e outro que nos axudará a completar a ficha.



                                                            

venres, 12 de marzo de 2021

Día do Consumo responsable- Deberes do finde

Non deixamos de ter sorpresas e investigacións. Mariña, a esponxa, tiña unha mensaxe secreta escondida. Palabras raras como Homoconsumus, homoresponsabilus, ultimatum evolutivo...
Fernán lembrou que o ano pasado, no confinamento, no blogue había un vídeo moi gracioso no que saían esas palabras e alá nos puxemos a buscar nas diferentes etiquetas do blog a ver se o atopabamos. 
Non tardamos moito en dar co vídeo. Queredes lembralo?




Agora chega o noso turno para decidir se queremos ser Homoconsumus ou Homoresponsabilus. 
So tedes que facer unha foto e enviala a:  destabeiradaponte@gmail.com
Ánimo!!!

Semana da prensa

 A semana do 8 ao 12 de  marzo conmemoramos a semana da Prensa. 

A biblioteca do cole fíxonos chegar unha morea de xornais e revistas que utilizamos na hora de lectura e que nos deu moito xogo para buscar grupos de palabras das que estamos traballando, ver as seccións dos xornais, atopar novas do medio ambiente...

Ademais vimos un vídeo que nos fixo reflexionar sobre...

 Que pasaría no mundo se non houbese novas?




xoves, 11 de marzo de 2021

A división

Estes días comezamos a familiarizarnos coa división. Aprendemos que dividir é repartir en partes iguales. Coñecemos os termos da división e diferenciamos as divisións enteiras das exactas.

Aquí vos deixamos un vídeo para lembrar todo o que aprendemos...

mércores, 10 de marzo de 2021

Artrópodos

Estamos traballando o mundo dos animais invertebrados. Comezamos polos que teñen protección corporal (artrópodos, moluscos e equinodermos). No primeiro grupo dos artrópodos  aprendemos que se chaman así porque todos eles teñen as patas articuladas.
Sabemos que hai tres grupos importantes de artrópodos (insectos, arácnidos e crustáceos) e estes vídeos nos axudaron a  entender mellor en que se parecen e cales son as súas diferencias.
É moi divertido repasar así.



Grupo dos insectos

Grupo dos arácnidos


Grupo dos crustáceos


martes, 9 de marzo de 2021

Presentamos á esponxa Mariña

Hoxe ao chegar tiñamos un vídeo esperándonos. 

Mariña, a esponxa, falounos un pouquichiño dos vermes de auga  e mandounos buscar información sobre eles para completar a nosa ficha de investigación e responder á pregunta de por que os vermes de lume se chaman así.


Aquí vos deixamos un vídeo moi interesante sobre os vermes. Premede na imaxe.

luns, 8 de marzo de 2021

Día da muller

Hoxe, 8 de marzo, é o Día da muller. O alumnado de 4º fixo un vídeo moi chulo coas aportacións de imaxes que fixemos tamén dende a nosa aula. Somos mulleres, nós podemos!!
Esperamos que vos guste tanto como a nós!


Coñecemos a Lalo, o príncipe rosa e a Lola que decidiu ser heroína. Gustáronnos moitísimo. 



 Eleximos as mulleres que son para nós superheroínas....





mércores, 3 de marzo de 2021

Coñecemos a Marabilla

 Esta semana coñecemos a unha nova amiga de Marcial que nos animou a investigar sobre as esponxas mariñas. Na fin de semana teremos que facer carteis con imaxes e debuxos de esponxas de mar buscando algo de información para concienciar ao resto do cole do importantes que son.

Ademáis hoxe chegou unha carta de Marcial pedíndonos colaboración para buscar unha mascota fantástica do mundo mariño que sexa a representante dos Camiños Escolares. 

A cousa promete...

CURIOSIDADES DAS MEDUSAS


luns, 1 de marzo de 2021

Día Internacional da Muller

 Este ano o alumnado de 4º quere facer un vídeo chamado "desmontando mitos" polo Día da Muller o 8 de marzo. Desta maneira intentan concienciar da necesidade de seguir loitando pola igualdade de xénero. 

Para facelo precisan imaxes nas que aparezan mulleres realizando diferentes traballos baixo o lema "Eu son muller e podo...".

 Se vos animades, facede a fotografía e enviádea ao correo destabeiradaponte@gmail.com antes do venres día 5 de marzo.

Repaso números romanos

 Esta semana faremos unha proba sobre os números romanos. Se queredes repasar pinchade na imaxe.


Agora, aproveita para practicar.