venres, 29 de novembro de 2019

Xogando coas centenas


Esta semana traballamos a centena. Fixémolo a través da descomposición utilizando material elaborado coa idea da profe Miricleta. Aquí vos deixamos o ben que  entendimos as centenas...







     












Escribimos o nome dos números que conseguimos













luns, 25 de novembro de 2019

Día da Violencia de Xénero

Hoxe, 25 de novembro no CEIP Torre-Illa quixemos facer un acto de repulsa contra a violencia de xénero. Aprendimos a canción de Rozalén "La puerta Violeta"que cantamos todos xuntos no patio.
Na  clase escribimos mensaxes para a nosa propia porta violeta e en 2º coñecimos os contos de Rosa Caramelo e Artur e Clementina. Deixámosvos os vídeos mais abaixo para que poidades velos.












"La Puerta Violeta"

Rosa Caramelo

Artur e Clementina

domingo, 24 de novembro de 2019

Día dos Dereitos da Infancia

O  20 de novembro foi o Día dos dereitos da Infancia. A actividade deste ano consistiu en escribir os nosos desexos para os nenos e nenas de todo o mundo e colgalos na sineira da entrada do colexio.




Aprendemos unha canción sobre os dereitos dos nenos e nenas. Escoitade...

Materias primas

Rematamos o tema de sociais falando das materias primas e dos alimentos. Puxémonos mans á obra e recortamos  alimentos dos catálogos que nos facían falta para encher o noso carriño da compra.









As oracións

Esta semana nas linguas taballamos o que son as oracións. Fixemos un xogo (blog super PT) que nos gustou moito buscando palabras pola clase. Tiñamos que construír oracións colaborando cos demáis. Atopamos moitas palabras pero non todas nos valían prque aprendemos que para que a oración valga TEN QUE TER SENTIDO.