venres, 28 de febreiro de 2020

Nova carta!

Hoxe era venres. Algo nos facía sospeitar que Mega H2O mandaríanos carta. Encántanos que chegue correspondencia e ademais cun novo reto.




Falounos de Rosalía de Castro e invitounos a repartir os seus poemas pola Arousa. En breve sairemos de excursión!!!
Gústavos as nosas creacións?






O que temos que investigar, esta vez é...
Que é iso do ciclo da auga?

sábado, 22 de febreiro de 2020

Entroido

A semana de Entroido estuvo xenial. Cumprimos todos os mandadiños pero o que mais nos gustou foi o de vir en pixama ao cole. Fixemos a nosa propia festa de pixamas e ata participamos nunha guerra de almofadas.








O venres foi moi especial porque fomos ao desfile de Entroido vestidos de Mega H2O e de Nova H2O





No camiño atopámonos cun supervillano que quería roubarnos as ecopingas para que desapareceran os nosos superpoderes.
 Menos mal que tivemos a axuda de Super Chispa que logrou vencelo. Pensamos que agora xa non será villano senón alguén que axudará a que as novas enerxías enchan o mundo.
















           Rematamos o día merendando doces típicos de Entroido que estaban boísimos. 
                                            Non deixamos nin as  pingas...

Nova carta

Esta vez, recibimos carta de Mega H2O e de Nova H2O. Apareceu na clase da profe Juliana. Cando ela entrou co sobre na nosa aula, empezamos a berrar e saltar!!!
Propuxéronnos un xogo para coñecer a outr@s compañeir@s supereheroes  e superheroínas. Tiñamos que adiviñar os seus nomes...







100 días no cole

Parece que empezamos o curso onte pero na nosa clase imos contando, unidade a unidade, decena a decena, os días do curso. O mércores, facíamos 100 días xuntos, e como non podía ser doutra maneira, fixemos unha festa do 100.









Experimento Elisa e André

MEGA H2O pediunos que investigaramos curiosidades sobre a auga. As nosas investigacións en familia empezan a dar grandes resultados. Grazas!!!



Elisa experimentou na casa con colorante alimentario e sal. Ao principio, parecía amarelo, pouco a pouco saiu a cor mel e por último a cor laranxa.













                  Comprobamos que na auga con sal o perexil flotaba e que na auga sen sal, afundía




A André gustoulle moito o experimento de Elisa e probou a facelo pero quixo conxelalo para ver canto tardaba  a auga en pasar  de estado líquido a sólido.




Despois de metelo no conxelador do cole durante 1 día, comprobamos a cor laranxa do cubiño de xeo e experimentamos a textura e a temperatura do mesmo.

























As mans quedaron un puco manchadas e frías pero pasámolo moi ben...
Despois colocamos o vaso co cubiño de xeo enriba do radiador para comprobar canto tardaría en voltar a estado líquido. Puxemos en marcha o cronómetro, 1 hora e 47 minutos mais tarde, a auga volvía ao seu estado natural...