sábado, 22 de febreiro de 2020

Experimento Elisa e André

MEGA H2O pediunos que investigaramos curiosidades sobre a auga. As nosas investigacións en familia empezan a dar grandes resultados. Grazas!!!



Elisa experimentou na casa con colorante alimentario e sal. Ao principio, parecía amarelo, pouco a pouco saiu a cor mel e por último a cor laranxa.













                  Comprobamos que na auga con sal o perexil flotaba e que na auga sen sal, afundía




A André gustoulle moito o experimento de Elisa e probou a facelo pero quixo conxelalo para ver canto tardaba  a auga en pasar  de estado líquido a sólido.




Despois de metelo no conxelador do cole durante 1 día, comprobamos a cor laranxa do cubiño de xeo e experimentamos a textura e a temperatura do mesmo.

























As mans quedaron un puco manchadas e frías pero pasámolo moi ben...
Despois colocamos o vaso co cubiño de xeo enriba do radiador para comprobar canto tardaría en voltar a estado líquido. Puxemos en marcha o cronómetro, 1 hora e 47 minutos mais tarde, a auga volvía ao seu estado natural...





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor deixa sempre o teu nome para que saibamos quen nos escribe. Moitas grazas!!