sábado, 22 de febreiro de 2020

Medidas

Esta semana, Telma trouxo un libro moi interesante sobre cousas que teñen que ver coa auga. Estamos recollendo toda esa información para expoñer ao resto do colexio. Un dos días, falounos do tempo que algúns animais podían pasar sumerxidos na auga. 
Sorprendeunos moito que unha especie de medusa tivese tentáculos longuísimos, case coma o que miden 21 submarinistas postos en fila. Démonos conta que na clase tamen somos 21 e alá fomos ao corredor a comprobar esta medida....






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor deixa sempre o teu nome para que saibamos quen nos escribe. Moitas grazas!!