venres, 31 de marzo de 2023

A reciclaxe

Rematamos o trimestre coñecendo a canción das 3 R e dándonos conta que se reutilizamos cousas que pensabamos tirar. podemos facer unha morea de xoguetes...
Se premedes na imaxe podedes ver algunhas ideas para poder facer estes días...

O gato con botas

Na historia de hoxe, non nos gustou que o gato mentira para que o seu amo conseguise ser príncipe.
Gustaríanos que o gato lle pedise axuda ao ogro en vez de enganalo e que o pai non decidise pola princesa. As mulleres poden tomar as súas propias decisións...

xoves, 30 de marzo de 2023

Os 3 porquiños

Na historia dos tres porquiños non nos gusta que os irmáns pequenos nos se esforzasen e se burlasen do irmán maior por querer facer unha casa forte.
Ademais non seguiron os consellos da súa nai. Gustaríanos que fixeran unha única casa entre todos e con axuda do lobo...

mércores, 29 de marzo de 2023

O lobo e os cabuxiños

No conto de hoxe, quixemos darlle a volta a que o lobo enganara aos cabuxiños e estes desobedeceran a súa nai.
Pensamos que sería mellor que a nai saíra a invitar ao lobo a xogar á casa para darlles unha sorpresa aos seus fillos...

martes, 28 de marzo de 2023

Semana da poesía ( Rosalía de Castro)

Hoxe martes, recibimos carta de Laretas. 

Gustáronlle moito os traballos que fixemos de Rosalía de Castro e invitounos a saír do cole para repartilos pola Arousa. 

Chegamos ao Concello e tanto o alcalde como un concelleiro saíron a recibirnos...

Puidemos facerlles algunhas preguntas xa que estamos traballando o tema do Concello


 Puidemos colocar os murais de Rosalía que fixemos...



Fomos ata a biblioteca e deixamos alí outros murais...






luns, 27 de marzo de 2023

A Cincenta

 O conto de hoxe gustounos pero xa atopamos bastantes cousas que non nos gustaron nadiña.
Parece que as tarefas da casa sempre teñen que facelas as mulleres.
Non nos gusta que a Cincenta non lle deixaran ir a festa, que o rei so se fixara na beleza exterior e que non puidesen ir todos ao baile despois de repartirse as tarefas...


A princesa e o chícharo

Estes días estamos coñecendo historias clásicas que nos axudan a ser críticos e críticas coas partes que non entendemos. 
Coñecemos a historia da princesa e o chícharo. Non entendemos por que o protagonista só quería a unha princesa e por que lle tiñan que poñer unha proba para demostrar quen era...

O concello


Agora preme na imaxe para facer o exercicio


venres, 24 de marzo de 2023

Oracións

 Traballa coas oracións. 

Escoita atentamente e di cantas palabras forman a oración...

luns, 20 de marzo de 2023

xoves, 9 de marzo de 2023

RECICLAXE

Lembra os vídeos e a canción que aprendemos na clase sobre reducir, reutilizar e reciclar as cousas...






mércores, 8 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER

 Hoxe na cosa clase lembramos que homes e mulleres somos iguais e que podemos facer as mesmas cousas



venres, 3 de marzo de 2023

100 días no cole

 Esta semana foi moi especial porque contando unidade a unidade, formando decena a decena, chegamos ao número 100 e quixemos festexalos 100 días no cole...


Tiñamos que buscar na mesa diferentes cousas para facer un 100...






FAMILIA 16

 Hoxe tivemos unha gran sorpresa na clase. MªJosé, a nai de Irene falounos do seu traballo. 

Aquí vos deixamos un vídeo co que nos contou…


Mil Grazas María José