venres, 31 de xaneiro de 2020

Negros e brancos

Aquí vos deixamos o conto que grabamos en 2º B para conmemorar o Día da Paz e Non Violencia. Esperamos que vos guste...

Apareceron as cousas de Mega H2O!!

Menos mal que levamos os ollos ben abertos e non se nos escapa ningún detalle. Xogando polo patio na hora do recreo, atopamos o antiface de Mega H2O.




E claro, cos nervios do antiface, case non nos decatamos que enganchada dunha ventá do pavillón dos maiores, estaba a capa. Case toleamos cando nos demos conta. E alá fomos a intentar recuperala.



Para non levantar moitas sospeitas, eleximos a unhas representantes.

que comos vedes, fixeron moi ben o seu traballo, e rescataron a capa.
Xa tiñamos as súas cousas, pero ocorréusenos escribirlle unha carta. Entre to@s decidimos cal era a mellor para representarnos.



















Puxémonos de acordo nun momento e metimos nun sobre xunto coa capa e o antiface, a carta coas preguntas que queríamos facerlle.

Acordamos que o lugar mais seguro para deixar a carta era o despacho do director. Alá fomos...
O profe Alberto prometeunos que lla faría chegar e levamos toda a semana expectantes...
Que pasou hoxe????

TIVEMOS CORRESPONDENCIA!!!

Na súa carta, contounos unha morea de cousas, pero tamén mandounos investigar nun MEGARRETO:
Por que se di que a auga pode presentarse de 3 maneiras?
A próxima semana seguirémosvos contando...

xoves, 30 de xaneiro de 2020

Día da Paz e da Non Violencia

Pois aínda que non o creades, conseguimos facer algo coas centos de pingas que MEGA H2O, nos deixou tiradas pola nosa clase.
Decidimos aproveitalas para escribir unha morea de mensaxes de amor e amizade. Animamos a todo o colexio a axudarnos e aquí vos amosamos o resultado. Unha gran choiva de Paz!!!
















Falamos do símbolo da Paz, e como non tiñamos pombas a man... pois, pensamos almorzar pombiñas máis pequenas, deixando un arrecendo a flocos de millo por todo o colexio.


Rematamos o día cunha super sorpresa. Libria estaba esperádonos na Biblioteca cunha contacontos moi, moi especial...


venres, 24 de xaneiro de 2020

Sorpresa!

Podía sí. Hoxe recibimos correspondencia na clase. Levamos unha alegría porque por fin soubemos quen nos estivo tomando o pelo estes días atrás.

Fomos á biblioteca a investigar e a decidir entre tod@s se imos axudalo ou non.



Despois de moito falar e deliberar, chegamos á conclusión de que precisa axuda de verdade porque senón lle devolvemos a capa e o antiface, pode perder os seus poderes para sempre.

Ademais atopamos moitas coincidencias, como que había nen@s que viñan vestidos coas mesmas cores que aparecían na carta.




Decidimos deixala carta colgada no taboleiro da clase e investigar no fin de semana quen é Mega H20...

xoves, 23 de xaneiro de 2020

OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Nós pensabamos que só podíamos comunicarnos cos medios de transporte pero hoxe descubrimos que para iso temos tamén os medios de comunicación. Ao principio, só nos viñan á cabeza os máis recentes pero gracias  a este vídeo, lembramos que dende a prehistoria, os humanos sabemos comunicarnos.
Aquí volo deixamos. 

venres, 17 de xaneiro de 2020

Misterio misterioso

Estes días, algo divertidísimo está pasando na nosa clase. Á volta das vacacións apareceron uns dados tirados polo chan. Como somos moi curiosos, decidimos buscar pegadas coa lupa para descubrir quen fora. Algún incluso se animou a traer microscopios da casa para afondar na investigación.










Días máis tarde, na ventá da clase apareceu enganchada unha capa azul. Pensamos que alguén quería darnos unha sorpresa, pero aínda non sabemos quen. Seguimos investigando...



Un día ao chegar, atopamos unha morea de tarxetas co debuxo de pingas de auga. Non entendemos moi ben por que motivo, pero fixemos varias HIPÓTESES:
- Poden ser pingas de suor porque imos tardar en descubrir  ao personaxe misterioso.
- Poden ser pingas de auga porque vámolo coñecer un día de chuvia.
- Pode ser a señora da limpeza porque traballa coa auga para limpar o colexio. Decidimos escribirlle unha nota.


















Hoxe, ao chegar, atopamos un antiface. Era azul e estaba decorado con debuxiños que semellaban pingas de auga. Demasiada casualidade?



Esperaremos a ver que pasa a próxima semana. Seguirémosvos contando as nosas andanzas...