mércores, 31 de xaneiro de 2024

O Guernica

Hoxe recibimos carta de Barbafeita. Estabamos traballando a obra de Picasso sobre a paz e mandounos outra obra da que escoitamos falar estes días: O Guernica.
Viña en trociños e levounos bastante tempo ordenala para que tivera sentido. En equipo, ocorréusenos buscala en internet e vimos que era en branco e negro. Nós decidimos darlle una chea de cor e nesas  estamos.
Queredes ver como  nos quedou?














 Así foi como nos quedou...



martes, 30 de xaneiro de 2024

Negros e brancos



Día da paz

Cómo sabedes, hoxe 30 de xaneiro é o Día da Paz.

En 2° traballamos dúas obras de Pablo Picasso que falan da paz e tamén da guerra.

Aquí vos deixamos as nosas versións da pomba da paz en cores cálidos e fríos e tamén o traballo en grupo sobre o Guernica.

Seguimos traballando no noso museo de arte...















PABLO PICASSO

 MIRA OS VÍDEOS E RESPONDE AS PREGUNTAS DA LIBRETA...



1. Cómo era o seu nome completo?
2. Cando naceu?
3. Onde naceu?
4. Como se chamaban os seus pais?
5. Cantos anos tiña cando abriu o seu propio taller de pintura?
6. A que cidade se mudou con 23 anos?
7. Que estilo comezou cando abandonou o realismo?
8. Como se chamaban as etapas nas que usaba só dúas cores?
9. Por que non puido exercer como director do Museo do Prado?
10. Cantos fillos tivo?

luns, 29 de xaneiro de 2024

Polos Creativos

Comezamos a semana con novos retos corsarios.
Hoxe traballamos en equipo para facer catro actividades ao mesmo tempo:
1. Marcar e recortar as manchas de pintura para o disfraz.
2. Pintar as paletas e pinceis.
3. Decorar a pancarta para o desfile de entroido.
4. Comezar a pintar o interior dos cofres para gardar as moedas que imos gañando 













sábado, 27 de xaneiro de 2024

A tenda de Barbafeita

Esta semana chegamos e atopamos que Barbafeita xa estaba montando a súa tenda...

 

Sabiamos que había unha morea de cousas que podemos mercar coas moedas que imos gardando nos nosos cofres do tesouro. O outro día xogamos a poñerlle prezo pero hoxe a profe mandounos participar por equipos no Prezo Xusto. Tiñamos que decidir en consenso cal era o prezo que mais se aproximaba sen pasarnos.

Como vedes, fomos acercándonos bastante e gañamos moitas moedas por traballar en equipo...

Así quedou a tenda de Barbafeita no corredor. Seguimos aforrando nos cofres para poder mercar os complementos e poder vestilo...


Falando de vestir, díxonos na última carta que para ser grandes artistas faltábanos algo moi importante. A ROUPA!!!
Mandou unhas teas para que confeccionemos o noso propio disfraz...
SOMOS PINTOR@S, SOMOS ARTISTAS!


xoves, 25 de xaneiro de 2024

Xuramento Corsario

 Estes días recibimos nova carta de Barbafeita. Despois de elexir o noso nome pirata, quería que fixeramos o xuramento corsario para formar parte da súa tripulación e traballar en equipo para poder rescatalo. 

XURAMENTOS CORSARIOS

Lois, Dedo de Ouro

Luciana, Bandida temible

Vera, Lenda dos mares

Vega, Furia Terrible

Juan, Tesouro do arquipélago

Martín, Barba afiada

Carla, Patiña de pau

Irene, Man negra

Álex, Furacán feroz

Laura, Áncora afiada

Lucas, Sable canalla

Lara, Parche furioso

Hugo, Timón da Illa

Malén, Cañón torto

Valeria. Tritón das ondas

Adrián, Ollo malvado

María, Botiñas Veloces