xoves, 23 de febreiro de 2023

Día do Consumidor

En 1ºB tocounos explicarlle ao resto do cole o que é o dereito a elexir. Para entendelo primeiro vimos esta historieta...


Xa podedes ver  o traballo que fixemos xunto a compañeiros/as doutros cursos


A LÚA

 



domingo, 19 de febreiro de 2023

Festa de Entroido

 Aquí vos deixamos un vídeo de algunhas das cousas que vivimos o venres….


Feliz Entroido!!!
 


xoves, 16 de febreiro de 2023

mércores, 15 de febreiro de 2023

Entroido 1

 Comezamos a semana cos mandadiños do Meco

O luns tiñamos que vir con mandil...

O martes con mandil, pixama e calcetíns por fora...

O mércores, con mandil, pixama, calcetíns por fora e liborio ou choqueiro...


Hoxe xoves, o disfraz era libre...


E mañá venres......
Ai o venres!!!!

A LETRA X

 XOGO 1


XOGO 2


XOGO 3

mércores, 8 de febreiro de 2023

A letra Ñ

 XOGO 1


XOGO 2


XOGO 3



Visita familia 15

 Hoxe ao chegar atopamos unha carta de Laretas.

 Mandábanos abrigarnos moito porque algo moi guai nos esperaba

Como facía tanto frío, empezounos a apetecer algo quentiño e fomos preguntando polas tendas se alquén nos preparaba un pouco de leite quente....

E aquí na Meca tivemos sorte porque nos dixeron que sí...

Esperábanos a nai de Martín que nos tiña preparada unha sorpresa!!!

Dounos un gorro a cada un, lavamos as mans e.... a traballar!!!

Preparamos unhas ricas rosquillas...


Despois xogamos a ser camareiros e clientes...





E rematamos cun rico almorzo con leite, colacao e as rosquillas que quedaron ben boas...



Mil grazas Ángeles e Rubén por invitarnos a pasar a mañá convosco!


Aquí vos deixamos o vídeo das nosas aventuras na Meca...

sábado, 4 de febreiro de 2023

Entroido

 Xa descubrimos todas as pistas ..

Hoxe apareceu un novo calcetín e varios debuxos nas aulas de 1°.

Xuntámonos cos de 1º A para resolver o misterio. 

Aprendemos palabras como comparsa, casaca... e tamén aprendemos que se nos xuntamos podemos chegar a facer cousas incríbles...







venres, 3 de febreiro de 2023

Visita familia 14

  Hoxe estivo con nós Vanesa, a nai de Lois...

Traballa de administrativa nunha conserveira e contounos moitas cousas do seu traballo...

Trouxo moitas cousas do seu traballo e o mellor é que puidemos traballar con elas…



Aquí vos deixamos o vídeo da visita da nai de Lois...

Grazas Vanesa por acompañarnos hoxe!!


xoves, 2 de febreiro de 2023

O Entroido está preto

Hoxe fixemos unha entrada triunfal...
 Non só atopamos a tea verde de todos os días senón  tamen un gorro e un calcetín...



 A profe toleu, vestiuse con todo e fixo un desfile...


Puxo unha capa e metémonos todos e todas dentro. Foi moi divertido....


A profe Fátima entrou con algo que atopou tirado na súa aula...


Decidimos probar a ver se nos valían as cousas...



 
E decidimos facer intentos de como poderían quedar todas xuntas...



Creo que nos recorda a algúen, non sí?