mércores, 24 de febreiro de 2021

Xogamos ás palabras compostas

 Aquí vos deixamos os ovos cos que xogamos hoxe na clase para formar palabras compostas. Lembrade que debemos escribilas xuntiñas na libreta de Lingua Castelá formando dúas columnas.


luns, 22 de febreiro de 2021

Marcial e as medusas

 Hoxe recibimos nova mensaxe de Marcial. Comezamos cos animais invertebrados e falounos dunha especie que non coñece moi ben. Precisa a nosa axuda. 

Aquí tendes o vídeo que nos enviou.

O que Carcamán di...

 Dende O equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole, pídennos colaboración para crear unha gran colección de ditos, palabras, frases feitas... típicas da Illa de Arousa. Podedes aportar a vosa palabra? Só tendes que escribila nas comentarios ou traela apuntada na axenda co seu significado. 

Ánimo!!!

martes, 16 de febreiro de 2021

Entroido coa ciencia

 Como nos podía ser doutra maneira aquí vos deixamos o ben que o pasamos o venres de entroido e a homenaxe que quixemos  facerlle a todos os científicos e científicas que traballan para facer a nosa vida mais sinxela.

 Polo mundo da ciencia!

venres, 12 de febreiro de 2021

Días de entroido

Pois xa vedes. Entroido diferente pero moi divertido. 
Estes son os marabillosos disfraces de 3ºB...

ABECEDARIO DE ANIMAIS

 Hoxe fixemos concurso de adiviñas e cada un/unha de nós ten que facer unha descripción do animal vertebrado que acertou.

A- Antílope (Raúl)    B- Bisonte (Rubén)    

C- Camaleón (Fernán)     D-Delfin (Quique)    E-Elefante (Luis)

F- Flamenco (Leire)    G-Gorila (Silvia)    H- Hiena (Álvaro)    I-Ibis (Telma)    J-Jaguar (Elisa)    

K-Koala (Anxo)    L- León (Mario)    M- Marmota (Iván)    

N- Narval (André)    O- Orangután (J. Pierre)   

 P- Pingüino (Alejandra)    Q- Quetzal- (Iago)  

  R-Rinoceronte (Sara)    S- Serpiente (Leo)    T- Tigre (Lucía)

U- Unau (Andrea)

mércores, 10 de febreiro de 2021

Tipos de ángulos

 Levamos un tempo traballando coa xeometría e medindo ángulos co transportador,.

Sabemos diferenciar os ángulos rectos dos agudos e obtusos.

Os ángulos rectos miden 90º, os agudos menos de 90º e os obtusos máis de 90º

O outro día descubrimos os ángulos llanos que miden 180º e hoxe apareceron outros que ninguén sabía como se chamaban. Medían 360º.

A profe mandounos investigar o seu nome e loitamos polo cromo da gaivota.


luns, 8 de febreiro de 2021

Animais en camiño

 Estanche pasando cousas ben raras!

Agora resulta que cando chegamos ao cole hai moreas de libros polo chan. 

No camiño ata a nosa aula atopamos libros por todos lados, e despois de axudar  a recollelos, démonos conta de que todos, todos, todos eran sobre animais!!!

Pero que está pasando?





xoves, 4 de febreiro de 2021

Marcial confirma as nosas sospeitas.

 Hoxe ao chegar, tiñamos novo vídeo de Marcial. Non só descubrimos o que eran as probetas dun laboratorio e para que se utilizan senón que nos confirmou cal sería o noso disfraz de entroido. 

Queredes velo?

mércores, 3 de febreiro de 2021

Científicos e científicas?

 Hoxe Marcial tíñanos unha sorpresa na aula. Apareceron fotos de científicos e científicas cheas de palabras por todos lados. 
Fomos descubrindo as palabras pouco a pouco e tomando nota para saber que significaban e que mensaxe nos quería transmitir.
Parece ser que algo ten que ver co Entroido pero aínda precisamos máis pistas.
Seguiremos informando...









luns, 1 de febreiro de 2021

Marcial e os vertebrados

Hoxe, ao chegar á clase, atopamos que Marcial tiña pegadas 5 imaxes de animais. Despois de moito falar, atopamos coincidencias coas 5 imaxes:
 Eran animais mariños, vertebrados, un de cada categoría (mamíferos, aves, peixes, réptiles e anfibios).Pensamos que como eran 5 animais e tiñamos 5 días na semana, cada día iamos traballar un, pero de repente, alguén dixo se habería outra mensaxe escondida entre as fotos. Alá fomos a investigar e alí estaban!!!....os nosos nomes escondidos nas imaxes...


Agora temos que organizarnos no grupo e buscar información sobre o grupo que nos tocou (imaxes, definición, curiosidades,  nutrición, relación , reprodución...).
Nos próximos días contarémosvos como van os nosos traballos. Estamos traballando moito para lograr 3 dos cromos da nosa colección.

Números romanos

 Levamos varios días traballando cos números romanos e estamos facéndonos uns expertos no tema.

No reto de hoxe (esforzámonos para conseguir o cromo da orca) debemos buscar información sobre datas concretas e escribilas tamén con números romanos.

As datas que debemos buscar son:

 O ano no que os humanos foron por primeira vez á lúa.

O ano en que España gañou o Mundial de fútbol.





O ano en que Colón descubriu América.

Os animais: Hábitat e funcións vitais

 Seguimos traballando cos animais e chegou o turno do hábitat de cada un. 

O Camaleón axudounos a entendelo.


Ademáis lembramos as funcións vitais dos animais.