mércores, 26 de maio de 2021

A enerxía 2

 Seguimos co tema da enerxía e despois de saber o que é, os tipos de enerxía, as fontes das que provén, as propiedades e o principio fundamental da enerxía..., hoxe chegamos á parte da contaminación e do que podemos chegar nós a facer para coidar o noso planeta porque cambiar o mundo é cousa de nenos/as.

Coñecemos a regra das 3 R (reducir, reutilizar e reciclar).

Queredes ver o vídeo coa canción máis pegadiza que soa na nosa aula?

Dádelle ao play...

domingo, 23 de maio de 2021

Andaina

 O profe Toño publicou no seu blogue, o vídeo da andaina e dos xogos que fixemos o pasado venres.

 Premede na imaxe para velo.

xoves, 20 de maio de 2021

Educación Vial

 Aquí vos deixamos o traballo que fixemos co profe Toño sobre educación vial. 
Esperamos que vos guste...
Lembrade que mañá venres faremos co profe Toño a saída pola contorna que tiñamos pendente. 

luns, 17 de maio de 2021

Día das Letras Galegas

 Como sabedes, hoxe 17 de maio, é un día moi importante para a nosa fala. 

Este ano, o Día das Letras Galegas está adicado a Xela Arias e na nosa clase utilizamos estes enlaces de contos para poder traballar a súa obra. Queredes velos?

A FRAGA DOS PAXAROS

CARAPUCHIÑA

CONTOS DE BRUXAS

Ademáis deixámosvos o traballo que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole organizou para este día tan especial grazas a colaboración de todos e todas vós.

E non nos esquecemos da Revista Carcamán que sae a luz sempre por estas datas. Esperamos que vos guste!!!

venres, 14 de maio de 2021

Desafío do cangrexo

 O desafío 1 consiste na plantación de sementes e coidado dunha planta. 

Nos próximos días colgaremos  as fotos para que vexades como vai a plantación.

 O desafío 2 consiste en gravarnos ensinando unha máquina que teñamos na casa, explicando para que se utiliza e que enerxía precisa para funcionar.

Lembrade gravar o vídeo en horizontal.


Cangrexo Marisma

Somos uns craks. 
A maioría dixemos que o crustáceo que estaría na aula, sería un cangrexo. Aquí volo presentamos.

venres, 7 de maio de 2021

A ENERXÍA

Traballando o tema da enerxía, atopámonos con este vídeo que o explica fenomenal. Premede na imaxe para volver a velo.



E agora toca practicar xogando coa enerxía.





domingo, 2 de maio de 2021

Organización do traballo semana confinamento

 Ola peixiños! Xa levamos varios días confinados e quédanos unha semana na casa na que debemos seguir traballando. Cada día os/as profes colgaremos as tarefas na aula virtual. Máis abaixo déixovos unha organización da semana para que vexades o que hai que ir facendo cada día.

As tarefas dos/as especialistas teñen que subirse á aula virtual de cada un deles/as.

No meu caso, podedes subilas ou non pero tedes que facelas todas e gardalas na carpeta de deberes moi ordenadas, co nome e a data para correxir todos/as xuntos/as á volta.

Lembrade que as tarefas van  ser avaliadas e que non valoramos tanto que estén correctas como o esforzo e adicación que lle adiquedes ao traballo (boa presentación, boa letra, sen faltas de ortografía, limpeza no traballo, organización dos espazos, marxes...).

Veña, moito ánimo que en poucos días voltamos a estar na aula e descubriremos o enigma do crustáceo.

Bicos e apertas

Profe María