martes, 31 de xaneiro de 2023

Visita familia 13

 Hoxe tivemos unha sorpresa enorme... Escoitamos uns ruídos e ahí estaba o pai de Hugo colgado da nosa ventá, a 8 metros!!!!

Chámase Rivas e é electricista...

Tróuxonos moitísimas cousas...




Flipamos coas miles de cores...



Acabamos creando a nosa propia banda cos instrumentos que nos regalou...

Aquí vos deixamos o vídeo da visita do pai de Hugo…


E o vídeo que nos puxo na clase para explicarnos as cousas que NON se poden facer coa electricidade...


Mil grazas Rivas por pasar a mañá connosco!

luns, 30 de xaneiro de 2023

Visita á aula de interpretación “Aula do mar”

Hoxe ao chegar tiñamos carta de Laretas. 

Menuda sorpresa!!! Tiñamos que poñer os abrigos porque marchabamos de excursión... 



Alí  esperábanos Carmen, a mamá de Álex, que xunto aos seus compañeiros explicounos xenial todo o que había naqueles espazos tan chulos...


Se queredes ver todo o que fixemos na aula do mar, dádelle ao play...


Moitas grazas polo día de hoxe. Encantóunos!!!

As letras C e Z

 Escoita de novo a canción para diferenciar as palabras con C e con Z...


Preme nas imaxes e fai os exercicios da c e da z...




venres, 27 de xaneiro de 2023

Visita familia 12

 Hoxe estivo con nós Gloria, a nai de Hugo...

Traballa facendo vidrieiras e contounos moitas cousas do seu traballo...

Gravounos un vídeo moi interesante de como  fai unha vidrieira e o resultado quedou así de chulo...


Vimos cristais de diferentes formas e cores...


Despois deixounos moldes para crear as nosas propias vidrieiras...




Démonos conta que eran letras e intentamos formar palabras...




Atopamos as letras do nome da nosa mascota pero faltaba a letra L...


E aquí chegou a maior sorpresa, a letra L estaba xunto a Laretas nunha vidrieira...

Alucinamos co bonita que é a vidrieira...

Tróuxonos ademais outra sorpresa que repartiremos na merenda ao longo da semana...

Aquí vos deixamos o vídeo da visita da nai de Hugo...

Mil grazas Gloria por acompañarnos hoxe!!

xoves, 26 de xaneiro de 2023

Por fin apareceu!!!

 Hoxe cando chegamos tiñamos un paquete na nosa clase...

Era unha bolsa un pouco rara e moi decorada...

Fomos quitando moi pouco a pouco o que viña dentro... e as pistas ían coincidindo...





 Presentámosvos a Laretas que será a mascota da nosa clase...

martes, 24 de xaneiro de 2023

Visita familia 11

 Hoxe viu ao noso cole Tania que é a nai de Vera e traballa nunha pizzería como camareira...



 Explicounos algúns truquiños para organizar as bandexas...

 
Parecía moi sinxelo aínda que comprobamos que non o era tanto...

 
Despois quixemos utilizar os euros que chegaron estes días a clase para mercar bebidas da pizzería. Precisabamos xuntar 5 euros.


 Púxomos unhas imaxes do restaurante e puidemos consultar a carta...


Tania tróuxonos unha bolsiña moi chula como recordo da súa visita e encantóunos!!!



Aquí vos deixamos un vídeo da visita da nai de Vera...


Mil grazas Tania por acompañarnos!