venres, 27 de xaneiro de 2023

Visita familia 12

 Hoxe estivo con nós Gloria, a nai de Hugo...

Traballa facendo vidrieiras e contounos moitas cousas do seu traballo...

Gravounos un vídeo moi interesante de como  fai unha vidrieira e o resultado quedou así de chulo...


Vimos cristais de diferentes formas e cores...


Despois deixounos moldes para crear as nosas propias vidrieiras...




Démonos conta que eran letras e intentamos formar palabras...




Atopamos as letras do nome da nosa mascota pero faltaba a letra L...


E aquí chegou a maior sorpresa, a letra L estaba xunto a Laretas nunha vidrieira...

Alucinamos co bonita que é a vidrieira...

Tróuxonos ademais outra sorpresa que repartiremos na merenda ao longo da semana...

Aquí vos deixamos o vídeo da visita da nai de Hugo...

Mil grazas Gloria por acompañarnos hoxe!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor deixa sempre o teu nome para que saibamos quen nos escribe. Moitas grazas!!