martes, 27 de febreiro de 2024

Día de Rosalía

O venres foi o día de Rosalía de  Castro. Hoxe Barbafeita mandounos unha carta para sair pola Arousa a repartir poemas da autora...



Estivemos na Cofradía de pescadores...

E na Praza de Abastos...




Fixémolo tan ben que aproveitamos para xogar no Regueiro...




















Rosalía na Arousa, sería moi feliz, 
coma nós...

luns, 26 de febreiro de 2024

Palabras compostas

 As palabras compostas son as que están formadas por máis dunha palabra...


Preme na imaxe para practicar...


Palabras derivadas

 Hoxe repasamos o que son as palabras derivadas que son as que veñen doutras palabras (primitivas).

Por exemplo, panadeiro ou panadeira veñen da palabra PAN.

Hai outras palabras que poden enganarnos como panteira que leva a palabra pan pero non ten nada que ver co pan. É unha palabra intrusa.

No seguinte xogo podedes practicar e buscar as palabras intrusas. A ver cantas atopades...

mércores, 21 de febreiro de 2024

Os antónimos

Hoxe repasamos o que eran os sinónimos e os seus contrarios, que se chaman ANTÓNIMOS.


Preme nas imaxes para poder practicar. nos dous xogos...


martes, 20 de febreiro de 2024

Polos Creativos

 Por fin puidemos baixar a Polos Creativos para facer os nosos nomes piratas no ploter.

Non podiamos crer que unha máquina fose capaz de recortar tan ben.
Escribimos os nosos nomes no ordenador, cambiamos o tamaño e a letra e a máquina púxose a traballar...















Mentres un grupo traballaba co ploter, o resto traballamos coas acuarelas e con poemas de Rosalía de Castro.







luns, 19 de febreiro de 2024

WASILI KANDINSKY

 Pois sí. Tiñades razón. O autor do cadro "Cuadrados con círculos concéntricos" foi Vasili Kandinsky.

Aquí tedes os vídeos que vimos na clase. Podedes lembralos para responder ás preguntas na vosa libreta.



DESPOIS DESTES VÍDEOS, CHEGA O MOMENTO DE FACER AS NOSAS PROPIAS CREACIÓNS...




PREGUNTAS SOBRE KANDINSKY PARA RESPONDER NA LIBRETA

1.En que país naceu Kandinsky?

2. Cal foi o mellor agasallo que lle fixo a súa tía cando era pequeno?

3. Que fixeron os invitados na súa primeira exposición?

4. Lembras o que era a sinestesia?

5. Que aprendeu da cor amarela?

6. Que representaba para él a cor azul?

7. Como se chamaban os tres grupos que creou para nenos?

8 . Que dúas formas eran as que mais lle gustaban?

9.Que representaban os círculos nas súas obras?

10.Kandinsky foi considerado o pai do arte...