martes, 31 de decembro de 2019

Aniversarios 1º TRIMESTRE

ÚLTIMO DÍA DO ANO 2019

Rematamos o ano lembrando os aniversarios de tod@s @s compañeir@s que quixeron festexalo na clase.
ANXO











             
RUBÉN










MARIO
ELISA

QUIQUE

IVÁN

venres, 20 de decembro de 2019

NADAL

Recibimos a visita dos mismísimos Reis Magos.


 Estabamos emocionados e eles alucinaron co noso villancico en inglés.





 Despois fixemos unha gran festa xunto aos nenos de 1º e 2º A.



 E como aínda tiñamos un oco no bandullo, quixemos enchelo con chocolate con churros.




















VÉMONOS A VOLTA. FELICES VACACIÓNS!!!

martes, 17 de decembro de 2019

Postais de nadal

Quixemos sorprender aos nosos compañeiros/as de 2º A facéndolle unha postal de Nadal. Tivemos que baixar á caixa do correo con moito coidado para que non nos descubriran. 
A sorpresa  levámola nós porque tamén tiñamos unha postal preciosa para cada un de nós. Grazas!!!






venres, 13 de decembro de 2019

Por catro esquiniñas de nada

 Aquí vos deixamos as fotos do proceso de creación do noso propio conto para o Día da Discapacidade.













 





Tabla do 100

Encántanos facer  repasos coa tabla do 100.
Xogamos coa situación  dos números. Orientámonos na tabla seguindo instruccións.
Contamos de 1 en 1, de 2 en 2, de 5 en 5, de 10 en 10...
Traballamos as decenas, os pares e impares. Facemos sumas coa tabla.







COMUNICÁMONOS

OS MEDIOS DE TRANSPORTE

Fixemos unha gran listaxe de todos os medios de transporte que coñecemos, e engadimos algún mais que fomos descubrindo. Clasificámolos en terrestres, acuáticos e aéreos ademais de diferenciar cales son individuais e cales colectivos.


Xogamos a descubrir os sons dos medios de transporte.





xoves, 5 de decembro de 2019

Día da Constitución

Aínda que esta conmemoración é moi difícil de comprender para os máis pequenos, os nenos e nenas de 6º, axudáronnos a entendela . Aprendemos que a Constitución é a Lei mais importante do noso país e que está de aniversario, por iso sopramos as 41 velas da tarta e cantámoslle o parabéns para ti.



Ditados divertidos

 Este ano estamos facendo moitos ditados. As veces non nos fixamos e cometemos os mesmos erros. Esta vez, atopamos unha solución moi divertida e tivemos que estar moi atentos para axudar a nosa parella. De paso fixemos un pouco de deporte. A semana próxima participarán novas parellas nos ditados polo patio adiante.

Cada parella tirou un dado para saber cal era o ditado elexido e a correrrrrrrrrrrr.............