venres, 22 de marzo de 2024

Fin de trimestre

 Esta última semana estivo chea de traballo e momentos de moitas risas..

Aproveitamos para traballar sobre Yayoy Kusama con corchos e masa de modelar intentando reproducir algunha das súas obras máis famosas...





E aproveitamos o bo tempo para traballar as descripcións buscando futbolistas polo patio...









Foi un trimestre curtiño pero cheo de traballo. Imos de vacacións para cargar as pilas para o último trimestre do curso...
Boas Vacacións!!!

venres, 15 de marzo de 2024

YAYOI KUSAMA

Efectivamente!

A artista da que estabamos falando é Yayoy Kusama. Aquí vos quedan os vídeos para que poidades investigar as preguntas desta semana.
Ánimo Carcamáns!!





CONTO "EL PUNTO"


PREGUNTAS YAYOI KUSAMA

1. Onde naceu Yayoy Kusama?

2. A que idade comezou a pintar ?

3. Que lle dicía ela a súa nai cando se enfadaba porque sempre estaba pintando?

4. Que era o que sempre debuxaba ?

5. De que artes era precursora?

6. Canto chegaron a pagar por unha das súas obras?

7. Onde gardou os cartos cando marchou a América?

9. Como se chamaba o edificio mais alto de Nueva YorK onde se subiu?

9. Por que lle gustaba tanto pintar cabazas?

10. Escribe o nome dalgunha das súas obras.

mércores, 13 de marzo de 2024

MISIÓN BARBAFEITA

Hoxe na carta de Barbafeita chegou unha nova bandeira. Cremos saber de onde é pero non o temos seguro de todo. Debemos buscar a que país pertence a bandeira e quen foi @ artista dese país que fixo esta flor tan alucinante e coñecer o nome da obra.

Escribiremos as respostas na axenda e ATENCIÓN!!!!...

...temos ata o venres para cubrir o pasaporte coa información do país...


martes, 12 de marzo de 2024

As plantas 2

Aquí tendes os outros vídeos que vimos na clase. 
Non esquezades lembrar tamén os primeiros que vimos para repasar as plantas.

 PARTES DUNHA PLANTA

CLASIFICACIÓN DAS PLANTAS


As plantas 1



luns, 11 de marzo de 2024

Visita

 Que mellor maneira de entender o hábitat dos animais que coa visita que tivemos esta semana.

A familia de Lois atopou un cabaliño de mar e quixeron traelo á clase para que puideramos observalo. 

Moitos xa viran algunha vez unha especie similar pero moito máis pequena, outros alucinaron co tamaño e coas aletas que non paraban de moverse...

Encantaríanos telo de mascota de aula pero entendemos que o seu hábitat non é a clase senón a auga das nosas costas.

Grazas Lois por deixarnos compartir este momento!




mércores, 6 de marzo de 2024

A multiplicación

Se queredes, podedes ver de novo o vídeo que fixen cando estabamos confinados para aprender a debuxar táboas de multiplicar...


Agora podedes seguir vendo este vídeo e practicar coas canción e xogos de mais abaixo...


CANCIÓN DA TÁBOA DO 0


CANCIÓN TÁBOA DO 1


XOGO TÁBOA DO 1
XOGO PARA REPASAR AS TÁBOAS DO 0 E DO 1


luns, 4 de marzo de 2024

FRIDA KAHLO

 A artista da que Barbafeita nos falou é Frida Kahlo e era mexicana.

O primeiro que aprendemos de México era que a música típica chámase RANCHEIRA.


O vídeo que mais nos gustou dos monumentos de México foi o do refresco en Chichen Itza.


Aquí vos quedan os resto de vídeos que vimos na aula para poder responder ás preguntas...



Agora toca facer un retrato de Frida...



Como facer retratos ou autorretratos




Como comprobades, cada vez estades acertando mais as preguntas dos vídeos. Seguide asi!

1.Como se chamaba a enfermidade que Frida tuvo de pequena?

2.Que era o que mais lle gustaba a Frida?

3.Que fixo Frida cando comprobou que non tiña amigos?

4.Que lle regalou o seu pai?

5.Que foi o primeiro que pintou?

6.Como se chamaba o pintor mais famoso de México co que casou Frida?

7.Cal era o cadro favorito de Frida?

8.No cadro das sandías, que escribiu no interior de unha delas?

9.Como foi á exposición das súas pinturas se estaba tan enferma?

10. O arte de Frida, era surrealista?

Aquí vos deixamos as fotos do mural de Frida que rematamos esta semana...

venres, 1 de marzo de 2024

BARBAFEITA - MISIÓN 4

 Ola Grumetes:

Na carta de Barbafeita de hoxe apareceu unha nova bandeira e tamén un novo cadro.

Debemos investigar de que país se trata e quen pintou ese cadro. Apuntade os datos na axenda e non esquezades cubrir o pasaporte.

Ata pronto, Carcamáns!!!