venres, 29 de maio de 2020

AVISO URXENTE-ENTREGA DE MATERIAL

Familias!! 
Envieivos aos correos electrónicos a información para a recollida do material a semana próxima. 
Aquí vos deixo tamén as horas asignadas para cada un porque por medidas sanitarias e organizativas tivemos que  concertar cita previa.
Precisamos que respondades ao mail enviado coa información para ter a seguridade de que a recibides. 
Grazas!


Que traballos fixemos esta semana? 7

CARTA

Hoxe hai correspondencia!!!

Se vos fixades ben na miña carta,  ten 5 partes (data, saúdo, corpo, despedida e firma) .
 Lembrade escribila en galego e contarme moitas cousiñas.
Espéroas moi nerviosa!!!

Empezan a chegar as cartas. Que contenta estou!


















XOGOS REPASO MULTIPLICACIÓN

SE QUERES XOGAR A COMPROBAR SE AS MULTIPLICACIÓNS COINCIDEN CON SUMAS IGUAIS, PREME NA IMAXE


REPASA A TÁBOA DO 3

xoves, 28 de maio de 2020

TRABALLO INGLÉS E MÚSICA

Esta semana, a profe Olalla proponnos un vídeo con preguntas e un xogo de preposicións. Ademais invítanos a grabar un vídeo para despedirnos de Alyssa (a nosa auxiliar de conversa)


O profe Carlos, pregúntanos se é posible debuxar a música. Escoita as súas propostas e fai un debuxo libre do que che fai sentir.
 Pincha na imaxe para acceder ao blog de música.


mércores, 27 de maio de 2020

TRABALLO NA CASA 19- CIENCIAS SOCIAIS

Aquí  vos quedan 2 vídeos sobre un tema moi interesante sobre o que imos empezar a investigar en Sociais: o tempo atmosférico e os instrumentos que se utilizan para medilo.
O noso amigo Camaleón explícacho xenial, xa verás...



Agora recorta ou debuxa estas imaxes e pégaas na ficha de abaixo completando tamén as palabras que faltan.


FICHA 45

TÁBOA DO 4

Chegamos a seguinte táboa e para iso tes que sumar de 4 en 4. 
Comeza escoitando unha canción moi pegadiza sobre esta táboa.


Agora pinta os números de 4 en catro e completa o resto da ficha.

FICHA 44
Se queres practicar xogando coa táboa do 4, preme na imaxe

RETO MATEMÁTICO (31-35)

Aquí vos deixo os seguintes 5 retos matemáticos. Premede neles. Fixádevos nos datos e colocádeos correctamente. Facede a operación e darlle a enviar

martes, 26 de maio de 2020

TRABALLO CIENCIAS NATURAIS, EF E VALORES

Esa semana o profe Toño vaivos falar dos materiais naturais e artificiais.
Debedes ver os vídeos e debuxar 5 materiais de cada tipo e clasificar os obxectos que vos propón.
CIENCIAS NATURAIS

En E.F. debemos facer o entreno de Harry Potter ou da Oca EF- Inglés e contruír o iogurcesto, 
facer o entreno de Star Wars, o reto visual e os retos Dragón ball.
E. F. 

 Os de Valores debedes ver os cortos 1 "El valor de compartir" e 2 "Fishing with Sam- Animated Shorte Film" e facer un debuxo dos vídeos.
VALORES

luns, 25 de maio de 2020

Traballo 18-Problemas de aula 3

Aquí quedan máis  problemas matemáticos da nosa clase.
A ver se entre todos solucionamos tanta problemática 😉

FICHA 41
FICHA 42

Adxectivos

Se lembrades o vídeo do outro día, aprendemos que...



FICHA 43

SNAPPET (matemáticas)

 Esta semana traballaremos os números do 800 ata o 999.
Son 26 exercicios moi sinxelos e ides facelos estupendamente pero debedes pararvos e pensar antes de contestar.
Lembrade ir só a parte rosa que pon "Lecciones". 
Preme na imaxe

venres, 22 de maio de 2020

Que traballos fixemos esta semana? 6



CIENCIAS SOCIAIS- Repaso Sistema Solar

Lembrade o vídeo do noso planeta A Terra.


Se dubidas de por que debemos coidar o noso planeta, preme no seguinte vídeo

Escoita agora o que os monstruos do Barrio Sésamo nos cantan sobre o coidado do planeta


Responde ás preguntas de Mega H2O, repasa o nome dos planetas e coloréaos.
FICHA 39
FICHA 40

PASATEMPOS LINGUA (REPASO)

Intenta facer estes pasatempos de repaso (non fai falta envialos).


PREME NA IMAXE PARA XOGAR Á ELEXIR O ENUNCIADO MÁIS ADECUADO


PREME NA IMAXE PARA XOGAR Á DIFERENCIAR PALABRAS CON R OU RR


PREME NA IMAXE PARA XOGAR Á DIFERENCIAR MASCULINO E FEMININO


PREME NA IMAXE PARA XOGAR AOS SINÓNIMOS


xoves, 21 de maio de 2020

TRABALLO NA CASA INGLÉS E MÚSICA

Esta semana a profe Olalla proponvos facer uns xogos e unha ficha sobre as preposicións. Ademais debedes facer un debuxo seguindo as súas instrucións.



 Pola sua banda o profe Carlos proponnos facer un baile de xeonllos. Premede na imaxe para velo.


mércores, 20 de maio de 2020

TRABALLO NA CASA 17-Táboa do 3

Hoxe imos contar de 3 en 3. Comezade contando e pintando os números da serpe. 
Despois cos resultados poderedes completar a táboa do 3 e facer a serie do mono.
FICHA 37
 Agora practicade a táboa do 3 premendo na imaxe


A min encántame a táboa do 3 porque ten moito ritttttmooooo!!!

OS ADXECTIVOS



Lembrades a nube de sustantivos que  creamos no corredor da nosa clase?
Eses días descubrimos que os sustantivos son as palabras que nomean ás persoas, animais, lugares e obxectos...

 Hoxe imos falar doutra clase de palabras que son os adxectivos.
Preme na imaxe para ver este vídeo onde o explican moi ben.


Agora rodea  de verde os adxectivos da seguinte ficha e subliña de vermello os sustantivos.