xoves, 22 de decembro de 2022

Fin de trimestre

 Dende 1º B, queremos desexarvos unhas moi felices festas e un vindeiro ano 2023 cheo de grandes momentos. 
Vémonos á volta, o día 9 de xaneiro!
Bicos e apertas


Aquí vos deixamos o ben que o pasamos na festa do último día!!!



mércores, 21 de decembro de 2022

Torre- badaladas 2022

 Deixámosvos o enlace para que mañá un pouquiño antes das 12, poidades seguir a mensaxe do rei e as badaladas do cole  a través de Carcamán Tv.

Aniversarios

Antes de rematar queremos lembrar os aniversarios deste primeiro trimestre

Lois no mes de setembro

e Adrián no mes de decembro 

Moitos parabéns e que non pare o ritmo!!!

luns, 19 de decembro de 2022

Visita familia 6

 Hoxe visitounos a nai de Juan que traballa nunha froitería...

Contounos que hai froitas de tempada


e tróuxonos distintas froitas para que puidesemos probar...



Fixemos unhas ricas brochetas de froita e regalounos unha clementina para levar para a casa



Aquí vos deixamos o vídeo resumo da visita da nai de Juan

MIL GRAZAS VICKY POR VISITARNOS!

venres, 16 de decembro de 2022

Visita familia 5

Hoxe foi un día cheo de emocións. Primeiro cantámoslle a Adrián para festexar o seu aniversario e repartimos un rico biscoito que nos trouxo recén feito. 

Mais tarde participamos no simulacro que se fixo en todo o cole para coñecer cales son as vías de evacuación en caso dunha emerxencia. Fixemos todo como tiñamos ensaiado e estabamos moi rápidamente no punto de encontro do patio cubierto.

Ademais recibimos a visita de Dolores, a nai de Malén, que viu cargada de cousas para explicarnos cómo funciona unha conserveira.

Púxonos un vídeo moi chulo para que puideramos ver como é a conserveira na que traballa...

Trouxo unha morea de latas para que puideramos ver e manipular. Tamén para buscar a información que aparecía na lata (peso, produto, data de caducidade...).

Vimos un vídeo moi chulo de como se traballa no interior da súa fábrica...

Despois puidemos abrir as latas e facer unha degustación nuns panciños ben ricos...

Mirade que pintaza!!!

 Tivemos moita sorte porque nos regalou unhas bolsiñas cunha lata de mexillóns dentro...


Aquí tedes o vídeo resumo da visita da nai de Malén...


Mil grazas Dolores!!


martes, 13 de decembro de 2022

Visita familia 4

 Comezamos a semana coa visita de Arturo, o pai de Adrián...

Foi xenial todo o que nos explicou sobre o mundo dos mecánicos…


Gustounos moito a morea de ferramentas que nos trouxo 



e aínda por riba regalounos unhas latas de chuches feitas cunha das máquinas que él repara ...

Foi moi guai!!!



Aquí vos deixamos un vídeo co resumo da visita do pai de Adrián 

Mil grazas Arturo pola túa visita!!! 

venres, 9 de decembro de 2022

Visita familia 3

Hoxe á nosa clase chegou un albanel


A cara de Valeria cando viu que era o seu pai...


Ensinounos moitas das ferramentas que utiliza e as medidas de protección do seu traballo...





Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da visita do papá de Valeria á nosa aula...


Mil grazas Sergio pola túa visita!
 

Aquí vos quedan uns vídeos  moi interesantes sobre os albaneis e os medios de transporte que se utilizan na construcción.



luns, 5 de decembro de 2022

Calendario de Adviento

Estes días comenzamos co noso calendario de Adviento 

Os primeros en pasar as probas foron Hugo, Vera e Irene. Como vedes foron quen de conseguir as súas chuches…




 
Hoxe tocoulle a  Lucas e Laura...



Seguimos con Vega, Adrián e Juan…




Chegou o turno de Malén,Carla e Álex…




Hoxe tocoulle a Valeria e Lara…



Rematamos con Lois e Martín que o fixeron moi ben... 


Visita familia 2

 Hoxe á nosa clase chegou unha mamá vestida de branco 


Viña cargadiña cunha bolsa chea de cousas que se utilizan nunha farmacia.
Rebuscou e rebuscou e ...


descubrimos unha morea de obxectos que non coñeciamos (termómetro de mercurio, as inxeccións que se utilizaban antes...)


Estivemos moi atentos e atentas as súas explicacións



ademais tróuxonos pegatinas para tod@s!



Mil grazas Laura por achegarnos ao mundo da farmacia!


Aquí podedes ver un pequeno vídeo da visita de Laura...