Hoxe foi un día cheo de emocións. Primeiro cantámoslle a Adrián para festexar o seu aniversario e repartimos un rico biscoito que nos trouxo recén feito.
Mais tarde participamos no simulacro que se fixo en todo o cole para coñecer cales son as vías de evacuación en caso dunha emerxencia. Fixemos todo como tiñamos ensaiado e estabamos moi rápidamente no punto de encontro do patio cubierto.
Ademais recibimos a visita de Dolores, a nai de Malén, que viu cargada de cousas para explicarnos cómo funciona unha conserveira.
Púxonos un vídeo moi chulo para que puideramos ver como é a conserveira na que traballa...
Trouxo unha morea de latas para que puideramos ver e manipular. Tamén para buscar a información que aparecía na lata (peso, produto, data de caducidade...).
Vimos un vídeo moi chulo de como se traballa no interior da súa fábrica...
Despois puidemos abrir as latas e facer unha degustación nuns panciños ben ricos...
Mirade que pintaza!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor deixa sempre o teu nome para que saibamos quen nos escribe. Moitas grazas!!