Un día mais recibimos mensaxe de Marcial. Parece ser que teremos que conseguir un álbum de cromos que iremos enchendo grazas aos retos que nos mande.
Aquí vos deixamos a última conexión
Ola a todos e a todas!!! Benvidos ao blogue da nosa clase. Aquí recolleremos todas as actividades, imaxes e aprendizaxes do noso día a día porque desta beira da ponte ocorren cousas máxicas!!!
Un día mais recibimos mensaxe de Marcial. Parece ser que teremos que conseguir un álbum de cromos que iremos enchendo grazas aos retos que nos mande.
Aquí vos deixamos a última conexión
O luns chegamos á clase e tiñamos unha foto do monstruíño verde en cada unha das nosas mesas.
Ademáis na pantalla dixital tiñamos unha mensaxe. Queredes vela?
EMPEZAMOS A SOSPEITAR DE TODO O MUNDO. PRIMEIRO DA PROFE JULIANA QUE SEMPRE NOS DI QUE TEN PODERES DE BRUXA E DESPOIS DO PROFE CARLOS QUE PISOU UN DOS MONSTRUIÑOS E COINCIDÍA QUE XUSTAMENTE OS SEUS TENIS ERAN DA MESMA COR. ADEMAIS TAMÉN COINCIDÍA QUE O TERMO DA AUGA DO PROFE CARLOS...
ERA VERDE!!!
POIS SÍ. REMATAMOS A SEMANA CUNHA APARICIÓN MOI ESTRAÑA.
CHEGAMOS AO COLE E ATOPAMOS UNS MONSTRUIÑOS VERDES POR TODO O CORREDOR, NAS ESCALEIRAS, NO CHAN , NAS PAREDES E ATA NAS PORTAS E PIZARRAS DA NOSA AULA.
A VERDADE É QUE NON SABEMOS MOI BEN O QUE É. PARECE UN MONSTRUO PERO TAMÉN UN EXTRATERRESTRE E ALGÚNS PENSARON QUE PODÍA SER O MESMO CORONAVIRUS.
DECIDIMOS COMEZAR A INVESTIGAR E PRÓXIMAMENTE CONTARÉMOSVOS AS NOSAS AVERIGUACIÓNS.
DESEXÁDENOS SORTE!!!