mércores, 22 de xuño de 2022

Despedida

 Chegou o momento de rematar o curso e dicirnos adeus. Aquí vos deixamos un pequeno vídeo destes 3 anos xuntos e xuntas.

Grazas familias por estar sempre e por esta gran despedida.

 Ata sempre, artistas!!


luns, 13 de xuño de 2022

O OSO CANSADO

 Pensabamos que o teatro era moi complicado e con esta obra descubrimos que non só é moi sinxelo senón que podes acortar ou alongar unha obra de teatro tanto como precises. 

Encantounos coñecer a historia do oso canso.

Se premedes na imaxe podedes facer as actividades...


xoves, 9 de xuño de 2022

Visita José Ramón García Guinarte

 Encantounos coñecer a José Ramón. Explicounos de marabilla cómo funciona o cerebro e deunos moitos consellos para optimizar o tempo de estudio. 

Grazas por visitarnos!!!







Adicou un ratiño a asinarnos os seus libros...


E aproveitamos para visitar a nosa radio e facerlle as preguntas que nos faltaban...









Se premedes no imaxe, podedes escoitar a entrevista que lle fixemos a José Ramón García Guinarte na Radio Carcamán...

venres, 3 de xuño de 2022

Recompensa de Carmiña

Hoxe chegamos á clase e tiñamos unha sorpresa fantástica. 
Por fin chegou a nosa recompensa, a que levabamos días esperando...


O diario

NESTE VÍDEO PODES VER COMO SE FAI UN DIARIO...


PREME NAS IMAXES PARA VER  EXEMPLOS DE DIARIO