sábado, 27 de xaneiro de 2024

A tenda de Barbafeita

Esta semana chegamos e atopamos que Barbafeita xa estaba montando a súa tenda...

 

Sabiamos que había unha morea de cousas que podemos mercar coas moedas que imos gardando nos nosos cofres do tesouro. O outro día xogamos a poñerlle prezo pero hoxe a profe mandounos participar por equipos no Prezo Xusto. Tiñamos que decidir en consenso cal era o prezo que mais se aproximaba sen pasarnos.

Como vedes, fomos acercándonos bastante e gañamos moitas moedas por traballar en equipo...

Así quedou a tenda de Barbafeita no corredor. Seguimos aforrando nos cofres para poder mercar os complementos e poder vestilo...


Falando de vestir, díxonos na última carta que para ser grandes artistas faltábanos algo moi importante. A ROUPA!!!
Mandou unhas teas para que confeccionemos o noso propio disfraz...
SOMOS PINTOR@S, SOMOS ARTISTAS!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor deixa sempre o teu nome para que saibamos quen nos escribe. Moitas grazas!!