venres, 31 de xaneiro de 2020

Apareceron as cousas de Mega H2O!!

Menos mal que levamos os ollos ben abertos e non se nos escapa ningún detalle. Xogando polo patio na hora do recreo, atopamos o antiface de Mega H2O.




E claro, cos nervios do antiface, case non nos decatamos que enganchada dunha ventá do pavillón dos maiores, estaba a capa. Case toleamos cando nos demos conta. E alá fomos a intentar recuperala.



Para non levantar moitas sospeitas, eleximos a unhas representantes.

que comos vedes, fixeron moi ben o seu traballo, e rescataron a capa.
Xa tiñamos as súas cousas, pero ocorréusenos escribirlle unha carta. Entre to@s decidimos cal era a mellor para representarnos.



















Puxémonos de acordo nun momento e metimos nun sobre xunto coa capa e o antiface, a carta coas preguntas que queríamos facerlle.

Acordamos que o lugar mais seguro para deixar a carta era o despacho do director. Alá fomos...
O profe Alberto prometeunos que lla faría chegar e levamos toda a semana expectantes...
Que pasou hoxe????

TIVEMOS CORRESPONDENCIA!!!

Na súa carta, contounos unha morea de cousas, pero tamén mandounos investigar nun MEGARRETO:
Por que se di que a auga pode presentarse de 3 maneiras?
A próxima semana seguirémosvos contando...

1 comentario:

Por favor deixa sempre o teu nome para que saibamos quen nos escribe. Moitas grazas!!