venres, 17 de xaneiro de 2020

Misterio misterioso

Estes días, algo divertidísimo está pasando na nosa clase. Á volta das vacacións apareceron uns dados tirados polo chan. Como somos moi curiosos, decidimos buscar pegadas coa lupa para descubrir quen fora. Algún incluso se animou a traer microscopios da casa para afondar na investigación.










Días máis tarde, na ventá da clase apareceu enganchada unha capa azul. Pensamos que alguén quería darnos unha sorpresa, pero aínda non sabemos quen. Seguimos investigando...



Un día ao chegar, atopamos unha morea de tarxetas co debuxo de pingas de auga. Non entendemos moi ben por que motivo, pero fixemos varias HIPÓTESES:
- Poden ser pingas de suor porque imos tardar en descubrir  ao personaxe misterioso.
- Poden ser pingas de auga porque vámolo coñecer un día de chuvia.
- Pode ser a señora da limpeza porque traballa coa auga para limpar o colexio. Decidimos escribirlle unha nota.


















Hoxe, ao chegar, atopamos un antiface. Era azul e estaba decorado con debuxiños que semellaban pingas de auga. Demasiada casualidade?



Esperaremos a ver que pasa a próxima semana. Seguirémosvos contando as nosas andanzas...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor deixa sempre o teu nome para que saibamos quen nos escribe. Moitas grazas!!