Queridas familias:
Antes de nada, quero mandarvos moito ánimo e cariño nesta situación que tanto nos preocupa a tod@s. Boto moito en falta aos nen@s e preocúpame fundamentalmente que estén ben, tranquilos e entretidos. Como sabedes, o estado de alarma que remataba mañá domingo, exténdese 15 días máis.
Seguiremos traballando co blogue...
Os luns e os mércores, colgarei suxerencias de traballos para que vaian facendo, na medida do posible. Deixaremos para os venres como ata agora, o reto semanal de Mega H2O.
Lembrade que non é preciso imprimir as fichas e menos se non tedes impresora na casa.
POR FAVOR, NON SAIADES PARA IMPRIMILAS, agora o importante é coidarnos moito tod@s.
Lembrade que non é preciso imprimir as fichas e menos se non tedes impresora na casa.
POR FAVOR, NON SAIADES PARA IMPRIMILAS, agora o importante é coidarnos moito tod@s.
Como vos dicía na mensaxe de onte, o venres 3 de abril, as notas chegarán a través da plataforma ABALAR MÓBIL.
Só tedes que entrar nela, pinchar no nome do nen@ , pinchar no menú (arriba na esquerda) e ir a pestaña das cualificacións.
Avisade por favor, que os que non teñan a aplicación e queiran recibir as notas, me escriban ao correo para reenviarllas (á volta darémosllas impresas, coma sempre, a tod@s)
Moitos saúdos para tod@s e mil bicos e apertas para os pequech@s
María
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor deixa sempre o teu nome para que saibamos quen nos escribe. Moitas grazas!!