Non sabemos que pasa pero sempre ao voltar das vacacións de Nadal, na nosa clase pasan cousas moi raras. Esta semana chegamos e o corredor estaba cheo de pegadas.
Na pizarra había un debuxo que sabemos que a nosa profe non fixo...Non queirades saber por que o sabemos...
A clase estaba chea de redes por todas partes...
Había tamén unhas botas de auga vermellas...
Probámolas e todo...
E quixemos comprobar se coincidían coas pegadas...
Collemos pisadas para ver se había algunha mensaxe oculta...
E atopamos un papel no medio das redes...
O recuncho comezou así...
E dende a casa comezamos a querer enchelo. Hoxe chegaron os tubos nos que van enroscadas as redes e algún papá con ganas, fíxonos cunha garrafa un exemplo de tubo para meter as redes do mexilón.
Esperamos as vosas aportacións!!!
Hola son Elisa,
ResponderEliminarOnte vin o blog da profe Belen e lle pasou o mesmo!
Redes polo chan, pisadas, botas de auga pero de cor negra, pero iso si, nin rastro dun barco na pizarra.
E moi raro que sempre pase o mesmo nesa clase que na nosa.
Boto moito de menos as charlas da profe en naturais, a aula de informatica e sobre todo a os compis e a profe Maria.
Espero volver pronto, un bico dende o meu confinamento.
Nós tamén vos botamos moito en falta. Todo isto pasa rápido e pronto voltaredes ao cole. Esperámosvos!!!
ResponderEliminarBicos e apertas
E moi guai que pasen cousas tan intrigantes nesa clase. Que sote!!! Xa me gostaría a min ter unha clase así.
ResponderEliminarPronto a volveredes a disfrutala.
E xa ves Elisa que non queremos que sexas ti a única que a bota de menos.
Agora tod@s desexando voltar.
Moitas apertas e a coidarse. 🤗🤗🤗