mércores, 29 de abril de 2020

CIENCIAS SOCIAS- O SISTEMA SOLAR 2

Podes comezar vendo de novo o vídeo da semana pasada sobre o sistema solar
 e tamén escoitar a canción dos planetas.

Ademais, Silvia fixo un traballo moi chulo sobre os planetas que nos explica neste vídeo.


Agora intenta buscar os planetas na sopa de letras. Cada un, rodéao dunha cor diferente.


Agora podes debuxar ou imprimir esta ficha, recortar os planetas e pegalos nun folio. 
Coloca primeiro o sol e despois todos seguidos na orde correspondente.


Fixádevos que traballo tan chulo fixo Lucía sobre os planetas...


Raúl tamén se animou a facer foto do seu traballo...


Iván mandou esta foto con todo o que fixo dos planetas...


Luis fixo este super traballo do sistema solar...


Fernán ademáis de facer o traballo editou esta foto para compartir con vós...


Iago colocou o seu traballo na porta da habitación para repasar cada día ao levantarse...


Silvia repasou tamén o Sistema Solar...


Velaquí o traballo de Andrea...


Alejandra móstranos o seu traballo...


Aquí o traballo de Mario...




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor deixa sempre o teu nome para que saibamos quen nos escribe. Moitas grazas!!