Hoxe non foi día de traballo. Pasamos a mañá dun lado para outro. Recibimos a visita dos nen@s de 1º que viñeron a por "unha esmola polos difuntiños que van alá" e despois nós visitamos as exposicións de cabazas de todo o colexio. Coñecimos o conto da Bruxa regañadentes e aproveitamos para volver a Educación Infantil e coñecer a súa aula sensorial. Encantounos a cantidade de cousas que alí tiñan ...


