Ola a todos e a todas!!! Benvidos ao blogue da nosa clase. Aquí recolleremos todas as actividades, imaxes e aprendizaxes do noso día a día porque desta beira da ponte ocorren cousas máxicas!!!
venres, 29 de novembro de 2024
RETO SEMANA 7
1. Que alimento lles da enerxía ás abellas para poder facer as súas misións?
2. Cantas horas pode chegar a voar unha abella ao longo da súa vida?
3. Que insectos fabrican a substancia que axudará a que as abellas fagan mel?
4. Que pasa se aparecen dúas raíñas na colmea?
5. Que fan as abellas cando a anterior raíña marcha da colmea?
6. Cantas abellas pode chegar a haber na colmea?
7. A que temperatura ten que estar a colmea?
8. Que pasaría se a temperatura da colmea subise?
9. Que solucións atopan as abellas?
10. Cantos litros de auga poden transportar as abellas nun día?