xoves, 11 de xuño de 2020

TRABALLO INGLÉS E MÚSICA

 A profe Olalla comentou que nestas  dúas semanas que quedan de curso, as actividades que se subirán no blog de inglés, serán xogos e vídeos a modo de repaso.
 Por favor, aproveitade estas semaniñas para enviar as tarefas que poidades ter atrasadas.

Agora sí que comezamos coa recta final !!!


O profe Carlos xa avisou que non mandará facer  tarefas novas no blog de música, pero podedes facer as que teñades pendentes e seguir xogando e vendo os enlaces que  irá engadindo.



mércores, 10 de xuño de 2020

TÁBOA DO 5

NON FAI FALLA QUE ENVIEDES MÁIS TRABALLOS.
SÓ AS FAMILIAS COAS QUE XA ME PUXEN EN CONTACTO POR MAIL PORQUE TEÑEN TRABALLOS PENDENTES. GRAZAS!

Por fin chegamos a táboa do 5. Tamén é moi sinxela porque xa aprendemos a contar de 5 en 5 nos cupóns da clase.
Escoitade esta canción...


Lembra que multiplicar é sumar o mesmo número varias veces.

FICHA 49

Agora practica coa táboa do 5 premendo na imaxe. 
Ao rematar dalle a comprobar as miñas respostas. 


RETO MATEMÁTICO (41-45)

Aquí vos deixo os ÚLTIMOS 5 retos matemáticos. Premede neles. Fixádevos nos datos e colocádeos correctamente.
Facede a operación e darlle a enviar  DEBAIXO DO PROBLEMA NA ESQUERDA

martes, 9 de xuño de 2020

TRABALLO CIENCIAS NATURAIS, E.F. E VALORES

Esta semana, o profe Toño fálavos do  PESO, VOLUME E CAMBIOS NOS MATERIAIS.
Tedes que ver o vídeo,  ELIXIR só unha das 2 actividades propostas e enviala.

CIENCIAS NATURAIS

En E.F. , debedes facer o entreno de CR7, resolver  os RETOS VISUAIS 1 e 2  
e facer OS VOSOS VIDEO RETOS 

E.F.

Os de Valores, tedes que ver o corto 1 "Negative Space"  e facer un pequeno debuxo representativo do vídeo. 

VALORES

luns, 8 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Hoxe, 8 de xuño, é o Día Mundial dos Océanos.
Premede na imaxe e vede este vídeo curtiño.
Despois fai un debuxo de como te gustaría a ti que estivesen os mares e os océanos.


QUIQUE
LEIRE

ANXO
LEO
IAGO

SILVIA
LUIS
ANDRÉ

SARA

TELMA

ÁLVARO

IVÁN
FERNÁN
RAÚL
MARIO

SNAPPET (LINGUA GALEGA)

Esta semana en Snappet, imos repasar o suxeito e o predicado das oracións.
 Preme na imaxe e fai os 20 exercicios. 

venres, 5 de xuño de 2020

Que traballos fixemos esta semana? 8



DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe 5 de xuño é o Día do Medio Ambiente.
Mira ben este cartel.

Aínda que tod@s sabemos o que debemos facer,  hai persoas que prefiren contaminar que coidar o medio ambiente. Mira agora este vídeo e verás o que pasa se un decide ser responsable coas cousas que lle rodean.


Agora elixe un dos eco-retos que viches no cartel ou no vídeo e escríbeo nun papel con moi boa letra decorada.
Despois fai un debuxo relacionado co teu eco-reto e faille unha foto para enviarlle á profe. 
Lembra que o traballo ten que estar en galego, facelo en vertical e repasar o debuxo e as letras cun perfilador negro.

Mirade que nos fixeron chegar dende a Concellería de Medio Ambiente e o Equipo para a Transición Enerxética da Arousa,. Invítannos a dar un paseo con Pepo pola Arousa para reflexionar como a coidamos mellor.



Empezan a chegar grandes traballos!
QUIQUE
LEO
LEIRE

FERNÁN

MARIO

LUCÍA
ANDRÉ
ANXO
IVÁN
IAGO
RAÚL
LUIS
ELISA

SILVIA





xoves, 4 de xuño de 2020

TRABALLO DE INGLÉS E MÚSICA

 Esta semana, a profe Olalla colgou uns xogos relacionados coa comida e unha manualidade sobre unha eiruga. 
Ademais debedes gravar un vídeo falando dos alimentos que vos gustan e os que non.



No mes de xuño, o profe Carlos non vai pedir que lle enviedes máis tarefas pero podedes facer as que teñades pendentes  e seguir xogando e vendo os enlaces que se irán engadindo. 
Premede na imaxe.


mércores, 3 de xuño de 2020

TRABALLO NA CASA 21- CIENCIAS SOCIAIS

Hoxe imos seguir aprendendo cousiñas moi interesantes sobre o tempo atmosférico. Invítovos  a que volvades a ver os vídeos do camaleón da semana pasada para lembrar ben que é o tempo atmosférico e con que instrumentos se mide.
Ademais hoxe imos coñecer os símbolos que aparecen nos mapas do tempo.
A que moitos xa os coñecíades? Pois agora, mirade ben os símbolos deste mapa e contestade ás preguntas.

FICHA 48

RETO MATEMÁTICO (36-40)

Aquí vos deixo os seguintes 5 retos matemáticos. Premede neles. Fixádevos nos datos e colocádeos correctamente.
Facede a operación e darlle a enviar  DEBAIXO DO PROBLEMA NA ESQUERDA

martes, 2 de xuño de 2020

TRABALLO CIENCIAS NATURAIS, EF E VALORES

En Ciencias Naturais, o profe Toño, fálavos das propiedades dos materiais. Premede na imaxe para entrar no seu blog, ver os vídeos e facer as actividades.

CIENCIAS NATURAIS

En E.F. hai que facer os xogos reunidos, o reto visual 2, o entreno "Dragon ball super fitness" e os retos das semanas anteriores se non os fixestes.

E. F. 

Os de Valores tedes que ver o vídeo 3 “A cousa que máis doe do mundo” e o vídeo  4 “O sultán e os ratos”. 
Debedes facer un debuxo dos vídeos vistos.

VALORES

luns, 1 de xuño de 2020

TRABALLO NA CASA 20-Problemas de aula 4

Última ronda de problemas da nosa clase. Cada vez sáennos mellor...

FICHA 46
FICHA 47

SNAPPET (Lingua Castelá)

Esta semana en Snappet repasaremos os adxectivos. Lembrade premer na imaxe e responder aos 27 exercicios que son moi sinxelos.