luns, 1 de novembro de 2021

SAMAÍN 21

 Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada do venres. Desfrutamos moito de vir disfrazados, decorar cabazas, merendar postres terroríficos e ver unha peli terrorífica. Pasastes moito medo?

AS NOSAS CABAZAS



















VELAQUÍ AS NOSAS MERENDAS ESPELUZNANTES












martes, 26 de outubro de 2021

xoves, 21 de outubro de 2021

APROXIMACIÓNS

 
APROXIMACIÓN ÁS DECENAS

APROXIMACIÓN ÁS CENTENAS


APROXIMACIÓN ÁS UNIDADES DE MILLAR

xoves, 14 de outubro de 2021

Regreso de Marcial

Que sorpresón ao chegar hoxe a escola. Tivemos novas de Marcial e propúxonos unha nova aventura espacial. 
Debemos facer o posible por axudar aos novos personaxes a regresar ao noso planeta.
Comezamos a aventura!!!!



 

martes, 12 de outubro de 2021

FUNCIÓNS VITAIS (nutrición, relación e reprodución)

Lembrade este vídeo que vimos na clase para repasar as funcións vitais.
 


NA FUNCION DE NUTRICIÓN ATOPAMOS 4 APARELLOS
APARELLO DIXESTIVO


APARELLO RESPIRATORIO


APARELLO CIRCULATORIO


APARELLO EXCRETOR


NA FUNCION DE RELACIÓN INTERVEÑEN...

O APARELLO LOCOMOTOR 



O SISTEMA NERVIOSO


OS SENTIDOS



NA FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN INTERVEÑEN O APARELLO REPRODUTOR MASCULINO E O APARELLO REPRODUTOR FEMININO



sábado, 25 de setembro de 2021

REGRAS DE ACENTUACIÓN

 Este ano temos que comezar a fixarnos máis no uso dos acentos. Estos vídeos facilítannos moito o traballo.

AS PALABRAS AGUDAS


AS PALABRAS LLANAS


AS PALABRAS ESDRÚXULAS

mércores, 15 de setembro de 2021

Estamos de volta!!

 Que gañas de volver a atoparnos, de vernos, de falar sen parar... que gañas de xogar, contar as nosas vacacións, coñecer ás novas profes...

Que gañas de chegar a 4º, e de facer novas cousas... Canto nos queda por vivir  e por aprender...

Comezamos!





luns, 21 de xuño de 2021

Despedida de Marcial

 Chegou o día da despedida. Deunos un pouco de pena recibir este vídeo pero sabiamos que tiña que chegar o momento. Marcial despediuse de nós pero deixounos unha sorpresa en forma de sesión de cine. Botaremoste en falta Marcial. Ata vernos!

xoves, 17 de xuño de 2021

Rata Linda de Compostela

  Despois de pasar todo o curso traballando a dramatización, a entoación, a vocalización e a memoria.... aquí vos presentamos a nosa obra final: Rata Linda de Compostela. 

Esperamos que vos guste tanto como a nós facela!

venres, 11 de xuño de 2021

A banda deseñada

 Coñecemos o mundo dos cómics, banda deseñada ou historietas. 

Mirade este vídeo antes de crear a vosa historia.

martes, 8 de xuño de 2021

Os inventos

No tema das máquinas, falamos da diferenza entre as máquinas simples e as compostas así como a importancia das máquinas inventadas que cambiaron  a historia.
 Queredes velo?





Pincha na bombilla para facer o xogo de repaso dos inventos.


mércores, 2 de xuño de 2021

Vídeo de Marcial

 Hoxe recibimos un novo vídeo de Marcial. Facía tempo que non sabíamos nada de él e menuda sorpresa!!!!




martes, 1 de xuño de 2021

AS MÁQUINAS

Voltamos a ver o vídeo que non enviou a araña Marexada e repasamos co enlace das máquinas.

MÁQUINAS


mércores, 26 de maio de 2021

A enerxía 2

 Seguimos co tema da enerxía e despois de saber o que é, os tipos de enerxía, as fontes das que provén, as propiedades e o principio fundamental da enerxía..., hoxe chegamos á parte da contaminación e do que podemos chegar nós a facer para coidar o noso planeta porque cambiar o mundo é cousa de nenos/as.

Coñecemos a regra das 3 R (reducir, reutilizar e reciclar).

Queredes ver o vídeo coa canción máis pegadiza que soa na nosa aula?

Dádelle ao play...

domingo, 23 de maio de 2021

Andaina

 O profe Toño publicou no seu blogue, o vídeo da andaina e dos xogos que fixemos o pasado venres.

 Premede na imaxe para velo.

xoves, 20 de maio de 2021

Educación Vial

 Aquí vos deixamos o traballo que fixemos co profe Toño sobre educación vial. 
Esperamos que vos guste...
Lembrade que mañá venres faremos co profe Toño a saída pola contorna que tiñamos pendente. 

luns, 17 de maio de 2021

Día das Letras Galegas

 Como sabedes, hoxe 17 de maio, é un día moi importante para a nosa fala. 

Este ano, o Día das Letras Galegas está adicado a Xela Arias e na nosa clase utilizamos estes enlaces de contos para poder traballar a súa obra. Queredes velos?

A FRAGA DOS PAXAROS

CARAPUCHIÑA

CONTOS DE BRUXAS

Ademáis deixámosvos o traballo que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole organizou para este día tan especial grazas a colaboración de todos e todas vós.

E non nos esquecemos da Revista Carcamán que sae a luz sempre por estas datas. Esperamos que vos guste!!!

venres, 14 de maio de 2021

Desafío do cangrexo

 O desafío 1 consiste na plantación de sementes e coidado dunha planta. 

Nos próximos días colgaremos  as fotos para que vexades como vai a plantación.

 O desafío 2 consiste en gravarnos ensinando unha máquina que teñamos na casa, explicando para que se utiliza e que enerxía precisa para funcionar.

Lembrade gravar o vídeo en horizontal.


Cangrexo Marisma

Somos uns craks. 
A maioría dixemos que o crustáceo que estaría na aula, sería un cangrexo. Aquí volo presentamos.

venres, 7 de maio de 2021

A ENERXÍA

Traballando o tema da enerxía, atopámonos con este vídeo que o explica fenomenal. Premede na imaxe para volver a velo.



E agora toca practicar xogando coa enerxía.





xoves, 6 de maio de 2021

domingo, 2 de maio de 2021

Organización do traballo semana confinamento

 Ola peixiños! Xa levamos varios días confinados e quédanos unha semana na casa na que debemos seguir traballando. Cada día os/as profes colgaremos as tarefas na aula virtual. Máis abaixo déixovos unha organización da semana para que vexades o que hai que ir facendo cada día.

As tarefas dos/as especialistas teñen que subirse á aula virtual de cada un deles/as.

No meu caso, podedes subilas ou non pero tedes que facelas todas e gardalas na carpeta de deberes moi ordenadas, co nome e a data para correxir todos/as xuntos/as á volta.

Lembrade que as tarefas van  ser avaliadas e que non valoramos tanto que estén correctas como o esforzo e adicación que lle adiquedes ao traballo (boa presentación, boa letra, sen faltas de ortografía, limpeza no traballo, organización dos espazos, marxes...).

Veña, moito ánimo que en poucos días voltamos a estar na aula e descubriremos o enigma do crustáceo.

Bicos e apertas

Profe María